blob: 1828289e51a7d5a9f3a2443d5be7bb1fe95d39f7 [file] [log] [blame]
fernandovilarino951d0252025-05-03 19:07:35 +02001
2===============================================================================
3= B e n v i d o a o t u t o r d o V I M - Versión 1.7 =
4===============================================================================
5
6
7 Vim é un editor moi potente que dispón de moitos comandos, demasiados
8 para ser explicados nun tutor coma este. Este tutor está deseñado
9 para describir comandos dabondo para que vostede sexa capaz de
10 aprender fácilmente a usa-lo Vim como un editor de propósito xeral.
11
12 O tempo necesario para completa-lo tutor é aproximadamente de 30
13 minutos, dependendo de canto tempo se adique á experimentación.
14
15 Os comandos destas leccións modificarán o texto. Faga unha copia deste
16 ficheiro para practicar (con «vimtutor», isto xa é unha copia).
17
18 É importante lembrar que este tutor está pensado para ensinar coa
19 práctica. Isto significa que cómpre executa-los comandos para
20 aprendelos axeitadamente. Se únicamente le o texto, esqueceránselle
21 os comandos!
22
23 Agora, asegúrese de que a tecla de bloqueo de maiúsculas NON está
24 activada e prema a tecla j para move-lo cursor, de xeito que o texto
25 da Lección 1.1.1 abranga completamente a pantalla.
26
27
28~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
29 LECCIÓN 1.1.1: MOVE-LO CURSOR
30
31
32 ** Para move-lo cursor, prema as teclas h,j,k,l do xeito indicado. **
33 ^
34 k Indicación: A tecla h está á esquerda, e móveo á esquerda.
35 < h l > A tecla l está á dereita, e móveo á dereita.
36 j A tecla j semella unha frecha e apunta
37 v cara a embaixo.
38
39 1. Mova o cursor pola pantalla ata que sinta comodidade facendo a acción.
40
41 2. Manteña premida a tecla j ata que se repita automáticamente.
42 Agora xa sabe como chegar á lección seguinte.
43
44 3. Utilizando a tecla abaixo, vaia á lección 1.1.2.
45
46NOTA: Se alguna vez non está seguro sobre algo que tecleara, prema <ESC>
47 para situarse no modo Normal. Logo, volva a teclear a orde que desexaba.
48
49NOTA: As teclas de movemento do cursor tamén funcionan. Pero usando hjkl
50 poderá moverse moito máis rápido unha vez que se acostume.
51 De verdade!
52
53
54~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
55 LECCIÓN 1.1.2: SAÍR DO VIM
56
57
58NOTA: Antes de executar algún dos seguintes pasos, lea primeiro a lección
59 enteira!!
60
61 1. Prema a tecla <ESC> (para asegurarse de que está no modo Normal).
62
63 2. Escriba: :q! <INTRO>
64 Isto provoca a saída do editor REXEITANDO calquer cambio que fora feito.
65
66 3. Regrese eiquí executando o comando que o trouxo a este tutor.
67 Este puido ser: vimtutor <INTRO>
68
69 4. Se memorizou estes pasos, e se sinte con confianza, execute os
70 pasos do 1 ao 3 para saír e volver a entrar ao editor.
71
72NOTA: :q! <INTRO> descarta cualquer cambio que realizara.
73 En próximas leccións, aprenderá como garda-los cambios nun arquivo.
74
75 5. Mova o cursor ata a Lección 1.1.3.
76
77
78~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
79 LECCIÓN 1.1.3: EDITAR TEXTO - BORRAR
80
81
82 ** Prema x para elimina-lo carácter baixo o cursor. **
83
84 1. Mova o cursor á liña de embaixo sinalada con --->.
85
86 2. Para corrixi-los erros, mova o cursor ata que estea sobre o
87 carácter que vai ser borrado.
88
89 3. Prema a tecla x para elimina-lo carácter non desexado.
90
91 4. Repita os pasos 2 a 4 ata que a frase sexa a correcta.
92
93---> A vvaca saltooooou soobree aa lúúúúúúúa.
94
95 5. Agora que a liña está correcta, continúe coa Lección 1.1.4.
96
97NOTA: A medida que vaia avanzando neste tutor, non tente memorizar,
98 aprenda practicando.
99
100
101~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
102 LECCIÓN 1.1.4: EDITAR TEXTO - INSERIR
103
104
105 ** Prema i para inserir texto. **
106
107 1. Mova o cursor á primeira liña de embaixo sinalada con --->.
108
109 2. Para facer que a primeira liña sexa igual ca segunda, mova o cursor
110 ata que estea sobre o carácter ANTES do texto que vai ser inserido.
111
112 3. Prema i e escriba os carácteres a engadir.
113
114 4. A medida que sexa corrixido cada erro, prema <ESC> para volver ao modo
115 Normal. Repita os pasos 2 a 4 para corrixi-la frase.
116
117---> Flta texto nesta .
118---> Falta algo de texto nesta liña.
119
120 5. Cuando se sinta con comodidade inserindo texto, pase á lección 1.1.5.
121
122
123~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
124 LECCIÓN 1.1.5: EDITAR TEXTO - ENGADIR
125
126
127 ** Prema A para engadir texto. **
128
129 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
130 Non importa sobre qué carácter estea o cursor nesta liña.
131
132 2. Prema A e escriba o texto necesario.
133
134 3. Cuando o texto estea engadido, prema <ESC> para volver ao modo Normal.
135
136 4. Mova o cursor á segunda liña marcada con ---> e repita os pasos 2 e 3
137 para corrixir esta frase.
138
139---> Falta algún texto nes
140 Falta algún texto nesta liña.
141---> Tamén falta alg
142 Tamén falta algún texto eiquí.
143
144 5. Cuando se sinta con comodidade engadindo texto, pase á lección 1.1.6.
145
146
147~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
148 LECCIÓN 1.1.6: EDITAR UN ARQUIVO
149
150
151 ** Use :wq para gardar un arquivo e saír **
152
153NOTA: Antes de executar os seguintes pasos, lea a lección enteira!!
154
155 1. Se ten acceso a outra terminal, faga os seguintes puntos nela.
156 Se non é así, saia deste tutor como fixo na lección 1.1.2: :q!
157
158 2. No símbolo do sistema escriba este comando: vim arquivo.txt <INTRO>
159 'vim' é o comando para arrincar o editor Vim,
160 'arquivo.txt' é o nome do arquivo que quere editar.
161 Utilice o nome dun arquivo que poida cambiar.
162
163 3. Insira e elimine texto como xa aprendeu nas leccións anteriores.
164
165 4. Garde o arquivo cos cambios e saia do Vim con: :wq <INTRO>
166
167 5. Se xa saiu do vimtutor no paso 1, reinicie vimtutor e baixe ata
168 o seguinte resumo.
169
170 6. Despois de le-los pasos anteriores e telos entendido: fágaos.
171
172
173~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
174 RESUMO DA LECCIÓN 1.1
175
176
177 1. O cursor móvese utilizando as teclas das frechas ou as teclas hjkl.
178 h (esquerda) j (abaixo) k (arriba) l (dereita)
179
180 2. Para acceder ao Vim dende o símbolo do sistema escriba:
181 vim nome_arquivo <INTRO>
182
183 3. Para saír do Vim escriba: <ESC> :q! <INTRO> para eliminar tódolos
184 cambios.
185 Ou escriba: <ESC> :wq <INTRO> para garda-los cambios.
186
187 4. Para borrar un carácter baixo o cursor en modo Normal prema: x .
188
189 5. Para inserir ou engadir texto escriba:
190 i escriba o texto a inserir <ESC> insire o texto antes do cursor
191 A escriba o texto a engadir <ESC> engade o texto ao final da liña
192
193NOTA: Premendo <ESC> tórnase ao modo Normal ou cancélase unha orde non
194 desexada ou incompleta.
195
196 Agora continúe coa Lección 1.2.
197
198
199~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
200 LECCIÓN 1.2.1: COMANDOS PARA BORRAR
201
202
203 ** Escriba dw para borrar unha palabra **
204
205 1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal.
206
207 2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
208
209 3. Mova o cursor ao comezo dunha palabra que desexe borrar.
210
211 4. Prema dw para facer que a palabra desapareza.
212
213NOTA: A letra d aparecerá na última liña inferior dereita da pantalla
214 namentres a escribe. O Vim está esperando que escriba w .
215 Se ve outro carácter que non sexa d , é que escribiu algo mal. Prema
216 <ESC> e comece de novo.
217
218---> Hai algunhas palabras pásao ben que non pertencen papel a esta frase.
219
220 5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a frase sexa correcta e pase á
221 lección 1.2.2.
222
223
224~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
225 LECCIÓN 1.2.2: MÁIS COMANDOS PARA BORRAR
226
227
228 ** Escriba d$ para borrar ata o final da liña. **
229
230 1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal.
231
232 2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
233
234 3. Mova o cursor ao final da liña correcta (DESPOIS do primeiro . ).
235
236 4. Escriba d$ para borrar ata o final da liña.
237
238---> Alguén escribiu o final desta liña dúas veces. esta liña dúas veces.
239
240 Pase á lección 1.2.3 para entender qué está pasando.
241
242
243~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
244 LECCIÓN 1.2.3: SOBRE OPERADORES E MOVEMENTOS
245
246
247 Moitos comandos que cambian texto están compostos por un operador e máis
248 un movemento.
249 O formato para o comando 'eliminar' co operador de borrado d é o
250 seguinte:
251
252 d movemento
253
254 Onde:
255 d - é o operador para borrar.
256 movemento - é o texto sobre o que o comando vai operar (lista inferior).
257
258 Eiquí, unha lista resumida de movementos:
259 w - ata o comezo da seguinte palabra, EXCLUÍNDO o seu primero carácter.
260 e - ata o final da palabra actual, INCLUÍNDO o último carácter.
261 $ - ata o final da liña, INCLUÍNDO o último carácter.
262
263 Polo tanto, ao escribir de borraráse dende a posición do cursor ata o
264 final da palabra.
265
266NOTA: Premendo únicamente o movemento, estando no modo Normal sen un
267 operador, moveráse o cursor como se especifica na lista anterior.
268
269
270~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
271 LECCIÓN 1.2.4: UTILIZAR UN CONTADOR PARA UN MOVEMENTO
272
273
274 ** Ao escribir un número denantes dun movemento, repítise o movemento
275 o número de veces. **
276
277 1. Mova o cursor ao comezo da liña marcada con --->.
278
279 2. Escriba 2w para mover o cursor dúas palabras cara a adiante.
280
281 3. Escriba 3e para mover o cursor ao final da terceira palabra cara a
282 adiante.
283
284 4. Escriba 0 (cero) para coloca-lo cursor ao inicio da liña.
285
286 5. Repita os pasos 2 e 3 con diferentes números.
287
288---> Isto é só unha liña con palabras onde poder moverse.
289
290 Pase á lección 1.2.5.
291
292
293~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
294 LECCIÓN 1.2.5: UTILIZAR UN CONTADOR PARA BORRAR MÁIS
295
296
297 ** Ao escribir un número cun operador, repítese ese número de veces. **
298
299 En combinación co operador de borrado e o movemento mencionado
300 anteriormente, engada un contador antes do movemento para eliminar máis:
301 d número movemento
302
303 1. Mova o cursor ao inicio da primeira palabra en MAIÚSCULAS na liña
304 marcada con --->.
305
306 2. Escriba d2w para elimina-las dúas palabras en MAIÚSCULAS.
307
308 3. Repita os pasos 1 e 2 con diferentes contadores para elimina-las
309 seguintes palabras en MAIÚSCULAS cun comando.
310
311---> Esta ABC DE cadea FGHI JK LMN OP de palabras foi Q RS TUV limpada.
312
313
314~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
315 LECCIÓN 1.2.6: OPERACIÓN EN LIÑAS
316
317
318 ** Escriba dd para eliminar unha liña completa. **
319
320 Debido á frecuencia coa que se elimina unha liña completa, os deseñadores
321 do Vim decidiron que sería máis sinxelo simplemente escribir dúas letras
322 d para eliminar unha liña.
323
324 1. Mova o cursor á segunda liña do párrafo inferior.
325
326 2. Escriba dd para elimina-la liña.
327
328 3. Agora, móvase á cuarta liña.
329
330 4. Escriba 2dd para eliminar dúas liñas á vez.
331
332---> 1) As rosas son vermellas,
333---> 2) o barro é divertido,
334---> 3) a violeta é azul,
335---> 4) teño un coche,
336---> 5) os reloxos dan a hora,
337---> 6) o azucere é dóce
338---> 7) e ti tamén o es.
339
340 A duplicación para borrar liñas tamén funcionan cos operadores
341 mencionados anteriormente.
342
343
344~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
345 LECCIÓN 1.2.7: O COMANDO DESFACER
346
347
348 ** Prema u para desfacer os últimos comandos,
349 U para desfacer unha liña enteira. **
350
351 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con ---> e sitúeo baixo o
352 primeiro erro.
353
354 2. Prema x para borra-lo primeiro carácter non desexado.
355
356 3. Prema agora u para desface-lo último comando executado.
357
358 4. Agora, corrixa tódolos erros da liña usando o comando x.
359
360 5. Prema agora U maiúsculo para devolver a liña ao seu estado orixinal.
361
362 6. Prema agora u unhas poucas veces máis para desface-lo feito por U e
363 mailos comandos previos.
364
365 7. Agora, prema CTRL-R (manteña pulsada a tecla CTRL e prema R) unhas
366 cantas veces para volver a executar os comandos (desface-lo desfeito).
367
368---> Corrrixa os erros dee esttta liña e vooolva ponelos coon desfacer.
369
370 Estes son uns comandos moi útiles. Agora, vaiamos ao resumo da lección 1.2.
371
372
373~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
374 RESUMO DA LECCIÓN 1.2
375
376
377 1. Para borrar dende o cursor ata a seguinte palabra prema: dw
378 2. Para borrar dende o cursor ata o final da palabra prema: de
379 3. Para borrar dende o cursor ata o final dunha liña prema: d$
380 4. Para borrar unha liña enteira prema: dd
381 5. Para repetir un movemento, antepoña un número: 2w
382 6. O formato para un comando de cambio é:
383 operador [número] movemento
384 onde:
385 comando - é o que hai que facer, por exemplo, d para borrar
386 [número] - é un número opcional para repetir o movemento
387 movemento - móvese sobre o texto no que operar, como w (palabra),
388 $ (ata o final da liña), etc.
389
390 7. Para moverse ao inicio da liña utilice un cero: 0
391 8. Para desfacer acciones previas prema: u (u minúsculo)
392 Para desfacer tódolos cambios dunha liña prema: U (U mAIÚSCULO)
393 Para desface-lo desfeito prema: CTRL-R
394
395
396~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
397 LECCIÓN 1.3.1: O COMANDO «PUT» (PÓR)
398
399
400 ** Prema p para pór (pegar) despois do cursor o último que borrou. **
401
402 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
403
404 2. Escriba dd para borra-la liña e almacenala nun rexistro do Vim.
405
406 3. Mova o cursor á liña c) por RIBA de onde debería esta-la liña
407 eliminada.
408
409 4. Prema p para pega-la liña borrada por BAIXO do cursor.
410
411 5. Repita os pasos 2 a 4 para por tódalas liñas na orde correcta.
412
413---> d) Podes aprendela ti?
414---> b) A violeta é azul,
415---> c) a intelixencia apréndese,
416---> a) as rosas son vermellas.
417
418
419~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
420 LECCIÓN 1.3.2: O COMANDO «REPLACE» (TROCAR)
421
422
423 ** Prema rx para troca-lo carácter baixo o cursor con x . **
424
425 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
426
427 2. Mova o cursor para situalo sobre o primeiro erro.
428
429 3. Prema r e despois o carácter que debería ir aí.
430
431 4. Repita os pasos 2 e 3 ata que a primeira liña sexa igual á segunda.
432
433---> Cande esti lita fui escrita alguér premeu alginhas teclas equibocadas!
434---> Cando esta liña foi escrita alguén premeu algunhas teclas equivocadas!
435
436 5. Agora pase á lección 1.3.3.
437
438NOTA: Lembre que debería aprender practicando.
439
440
441~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
442 LECCIÓN 1.3.3: O COMANDO CAMBIAR
443
444
445 ** Para cambiar ata o final dunha palabra, escriba ce . **
446
447 1. Mova o cursor á primeria liña inferior marcada con --->.
448
449 2. Sitúe o cursor no u de lubrs.
450
451 3. Escriba ce e corrixa a palabra (neste caso, escriba 'iña').
452
453 4. Prema <ESC> e mova o cursor ao seguinte erro a cambiar.
454
455 5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a primeira frase sexa igual á segunda.
456
457---> Esta lubrs ten unhas poucas pskavtad que corrixir co comando change.
458---> Esta liña ten unhas poucas palabras que corrixir co comando cambiar.
459
460 Teña en conta que ce elimina a palabra e entra no modo Inserir.
461 cc fai o mesmo para toda a liña.
462
463
464~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
465 LECCIÓN 1.3.4: MÁIS CAMBIOS USANDO c
466
467
468 ** O operador cambio utilízase cos mesmos movementos que borrar. **
469
470 1. O operador cambio funciona do mesmo xeito que borrar. O formato é:
471
472 c [número] movemento
473
474 2. Os movementos son tamén os mesmos, como w (palabra) ou
475 $ (fin da liña).
476
477 3. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->.
478
479 4. Mova o cursor ao primeiro erro.
480
481 5. Prema c$ e escriba o resto da liña para que sexa como a segunda,
482 e prema <ESC>.
483
484---> O final desta liña necesita algunha axuda para que sexa como a segunda.
485---> O final desta liña necesita ser corrixido usando o comando c$.
486
487NOTA: Pode utiliza-lo retorno de carro para corrixir erros mentres escribe.
488
489
490~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
491 RESUMO DA LECCIÓN 1.3
492
493
494 1. Para volver a pór ou pega-lo texto que acaba de borrarse,
495 escriba p . Isto pega o texto despois do cursor (se borrou unha
496 liña, ao pegala, esta situaráse na liña baixo do cursor).
497
498 2. Para troca-lo carácter baixo do cursor, prema r e logo o
499 carácter que quere que estea no seu lugar.
500
501 3. O operador cambio permítelle cambiar dende a posición do cursor
502 ata onde leve o movemento indicado. Por exemplo, prema ce
503 para cambiar dende o cursor ata o final da palabra, ou c$
504 para cambiar ata o final da liña.
505
506 4. O formato para cambio é:
507
508 c [número] movemento
509
510 Pase agora á lección seguinte.
511
512
513~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
514 LECCIÓN 1.4.1: UBICACIÓN DO CURSOR E ESTADO DO ARQUIVO
515
516
517 ** Prema CTRL-G para mostra-la súa situación no ficheiro e mailo estado.
518 Prema G para moverse a unha determinada liña do fichero. **
519
520NOTA: Lea esta lección enteira antes de executar calquera dos pasos!!
521
522 1. Manteña premida a tecla Ctrl e prema g . Chamamos a isto CTRL-G.
523 Aparecerá unha mensaxe na parte inferior da páxina co nome do arquivo
524 e a posición do cursor no arquivo.
525 Lembre o número de liña para o paso 3.
526
527NOTA: Seica poida ve-la posición do cursor no recanto inferior da dereita
528 da pantalla. Isto acontece cando a opción 'ruler' (regra) está
529 habilitada (consulte :help 'ruler' )
530
531 2. Prema G para move-lo cursor ata a parte inferior do arquivo.
532 Prema gg para move-lo cursor ao inicio do arquivo.
533
534 3. Escriba o número da liña na que estaba e despois G . Isto
535 tornaráo á liña na que estaba cuando pulsou CTRL-G.
536
537 4. Se se atopa con seguridade para poder facer isto,
538 execute os pasos 1 a 3.
539
540
541~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
542 LECCIÓN 1.4.2: O COMANDO «SEARCH» (BUSCAR)
543
544
545 ** Escriba / seguido dun texto para busca-lo texto. **
546
547 1. En modo Normal, prema o carácter / . Fíxese que tanto o carácter /
548 como o cursor aparecen na derradeira liña da pantalla, o mesmo que
549 o comando : .
550
551 2. Escriba agora errroor <INTRO>. Esta é a palabra que quere buscar.
552
553 3. Para repeti-la busca do mesmo texto outra vez, simplemente prema n .
554 Para busca-lo mesmo texto na dirección oposta, prema N .
555
556 4. Se quere buscar un texto na dirección oposta (cara a enriba),
557 utilice o comando ? en troques de / .
558
559 5. Para regresar ao lugar de onde procedía, prema CTRL-O (manteña pulsado
560 Ctrl mentres pulsa a tecla o). Repita o proceso para voltar máis atrás.
561 CTRL-I vai cara a adiante.
562
563---> "errroor" non é o xeito correcto de escribir erro; errroor é un erro.
564
565NOTA: Cando a busca chega ao final do arquivo, continuará dende o comezo,
566 agás que a opción 'wrapscan' estea desactivada.
567
568
569~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
570 LECCIÓN 1.4.3: BUSCA PARA COMPROBAR PARÉNTESES
571
572
573 ** Prema % para atopa-la paréntese correspondente a ),] ou } . **
574
575 1. Sitúe o cursor en cualquera dos carácteres (, [ o { na liña inferior
576 sinalada con --->.
577
578 2. Prema agora o carácter % .
579
580 3. O cursor moveráse á parella de peche da paréntese, corchete
581 ou chave correspondente.
582
583 4. Prema % para move-lo cursor ata a outra parella do carácter.
584
585 5. Mova o cursor a outra (,),[,],{ o } e vexa o que fai % .
586
587---> Isto ( é unha liña de proba con (, [, ], {, e } nela. ))
588
589NOTA: Isto é moi útil na detección de erros nun programa con parénteses,
590 corchetes ou chaves sen parella.
591
592
593~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
594 LECCIÓN 1.4.4: O COMANDO SUBSTITUÍR
595
596
597 ** Escriba :s/vello/novo/g para substituír 'vello' por 'novo'. **
598
599 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
600
601 2. Escriba :s/aas/as/ <INTRO> . Teña en conta que este comando cambia
602 só o primeiro achado -na liña- da expresión que quere cambiar.
603
604 3. Agora escriba :s/aas/a/g . Ao engadir a opción g , o Vim fará
605 a substitución global na liña, cambiando tódo-los achados
606 do termo "aas" na liña.
607
608---> Coido que aas mellores épocas para aas frores son aas primaveras.
609
610 4. Para cambiar cada achado da cadea de carácteres entre dúas liñas:
611 Escriba :#,#s/vello/novo/g onde #,# son os números de liña do rango
612 de liñas onde se realizará a substitución.
613 Escriba :%s/vello/novo/g para cambiar cada achado en todo o arquivo.
614 Escriba :%s/vello/novo/gc para atopar cada achado en todo o arquivo,
615 pedindo confirmación para face-la
616 substitución ou non.
617
618
619~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
620 RESUMO DA LECCIÓN 1.4
621
622
623 1. CTRL-G mostra a posición do cursor no ficheiro e mailo seu estado.
624 G move o cursor ao final do arquivo.
625 número G move o cursor a ese número de liña.
626 gg move o cursor á primeira liña do arquivo.
627
628 2. Escribindo / seguido dun texto busca o texto cara a ADIANTE.
629 Escribindo ? seguido dun texto busca o texto cara a ATRÁS.
630 Despois dunha busca, prema n para atopar o achado.
631
632 3. Premendo % cando o cursor está sobre (,), [,], { o } localiza
633 a parella correspondente.
634
635 4. Para cambiar vello por novo no primeiro achado dunha liña escriba
636 :s/vello/novo
637 Para cambiar tódo-los vello por novo nunha liña escriba
638 :s/vello/novo/g
639 Para cambiar texto entre dous números de liña escriba
640 :#,#s/vello/novo/g
641 Para cambiar vello por novo en todo o fichero escriba
642 :%s/vello/novo/g
643 Para pedir confirmación en cada caso engada 'c'
644 :%s/vello/novo/gc
645
646
647~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
648 LECCIÓN 1.5.1: CÓMO EXECUTAR UN COMANDO EXTERNO
649
650
651 ** Escriba :! seguido dun comando externo para executar ese comando. **
652
653 1. Escriba o conocido comando : para situar o cursor ao final da
654 pantalla. Isto permitirálle introducir un comando.
655
656 2. Agora escriba o carácter ! (signo de admiración). Isto permitirálle
657 executar calquer mandato do sistema.
658
659 3. Como exemplo escriba ls despois do ! e logo prema <INTRO>. Isto
660 mostrarálle unha lista do seu directorio, igual que se estiviese no
661 símbolo do sistema. Se ls non funciona, utilice :!dir .
662
663NOTA: Deste xeito é posible executar cualquer comando externo,
664 tamén incluíndo argumentos.
665
666NOTA: Tódolos comandos : deben finalizarse premendo <INTRO>.
667 De agora en diante, non sempre se mencionará.
668
669
670~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
671 LECCIÓN 1.5.2: MÁIS SOBRE GARDAR FICHEIROS
672
673
674 ** Para garda-los cambios feitos nun ficheiro,
675 escriba :w NOME_DE_FICHEIRO **
676
677 1. Escriba :!dir ou :!ls para ver unha lista dos arquivos
678 do seu directorio.
679 Xa sabe que debe pulsar <INTRO> despois.
680
681 2. Elixa un nome de ficheiro que todavía non exista, como TEST.
682
683 3. Agora escriba :w TEST (onde TEST é o nome de ficheiro elixido).
684
685 4. Esta acción garda todo o ficheiro (Vim Tutor) baixo o nome TEST.
686 Para comprobalo, escriba :!dir ou :!ls de novo e vexa
687 o seu directorio.
688
689NOTA: Se saíra do Vim e volvera a entrar de novo con vim TEST , o
690 arquivo sería unha copia exacta do tutorial cuando o guardou.
691
692 5. Agora, elimine o arquivo escribindo (Windows): :!del TEST
693 ou (Unix): :!rm TEST
694
695
696~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
697 LECCIÓN 1.5.3: SELECCIONAR TEXTO PARA GARDAR
698
699
700 ** Para gardar parte do arquivo, escriba v movemento :w arquivo **
701
702 1. Mova o cursor a esta liña.
703
704 2. Prema v e mova o cursor ata o quinto elemento inferior. Vexa que
705 o texto é salientado.
706
707 3. Prema o carácter : Na parte inferior da pantalla aparecerá
708 :'<,'>
709
710 4. Prema w TEST , onde TEST é un nome de arquivo que aínda non existe.
711 Verifique que ve :'<,'>w TEST antes de premer <INTRO>.
712
713 5. Vim escribirá as liñas seleccionadas no arquivo TEST. Utilice
714 :!dir o :!ls para velo. Non o elimine todavía! Utilizarémolo
715 na seguinte lección.
716
717NOTA: Ao pulsar v iniciá a selección visual. Pode move-lo cursor para
718 face-la selección máis grande ou pequena. Despois, pode utilizar un
719 operador para facer algo co texto. Por exemplo, d eliminará
720 o texto seleccionado.
721
722
723~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
724 LECCIÓN 1.5.4: RECUPERANDO E MESTURANDO FICHEIROS
725
726
727 ** Para inseri-lo contido dun ficheiro escriba :r NOME_DO_FICHEIRO **
728
729 1. Sitúe o cursor xusto por riba desta liña.
730
731NOTA: Despois de executar o paso 2 verá o texto da lección 1.5.3. Despois
732 DESCENDA ata ver de novo esta lección.
733
734 2. Agora recupere o arquivo TEST utilizando o comando :r TEST , onde
735 TEST é o nome que ven de utilizar.
736 O arquivo que recuperou colocaráse embaixo da liña onde se atope
737 o cursor.
738
739 3. Para verificar que se recuperou o arquivo, suba o cursor e
740 comprobe que agora hai dúas copias da lección 1.5.3, a orixinal e
741 maila versión do arquivo.
742
743NOTA: Tamén pode le-la saída dun comando externo. Por exemplo,
744 :r !ls le a saída do comando ls e pégao baixo da liña
745 onde se atopa o cursor.
746
747
748~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
749 RESUMO DA LECCIÓN 1.5
750
751
752 1. :!comando executa un comando externo.
753 Alguns exemplos útiles son:
754 (Windows) (Unix)
755 :!dir :!ls - mostra o contido dun directorio.
756 :!del arquivo :!rm arquivo - borra o ficheiro arquivo.
757
758 2. :w arquivo escribe o arquivo actual no disco co nome de arquivo.
759
760 3. v movemento :w arquivo guarda as liñas seleccionadas visualmente
761 no arquivo arquivo.
762
763 4. :r arquivo recupera do disco o arquivo arquivo e pégao embaixo
764 da posición do cursor.
765
766 5. :r !dir le a saída do comando dir e pégao embaixo da
767 posición do cursor.
768
769
770~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
771 LECCIÓN 1.6.1: O COMANDO «OPEN» (ABRIR)
772
773
774 ** Prema o para abrir unha liña embaixo do cursor
775 e situarse no modo inserir **
776
777 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
778
779 2. Prema a letra minúscula o para abrir unha liña por EMBAIXO do cursor
780 e situarse en modo Inserir.
781
782 3. Agora, escriba algún texto, e despois prema <ESC> para saír do modo
783 Inserir.
784
785---> Despois de pulsar o , o cursor sitúase na liña aberta en modo Inserir.
786
787 4. Para abrir unha liña por RIBA do cursor, simplemente prema un O
788 MAIÚSCULO, en troques dun o minúsculo. Probe isto na liña seguinte.
789
790---> Abra unha liña sobre esta, pulsando O cuando o cursor estea nesta liña.
791
792
793~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
794 LECCIÓN 1.6.2: O COMANDO «APPEND» (ENGADIR)
795
796
797 ** Prema a para inserir texto despois do cursor. **
798
799 1. Mova o cursor ao inicio da primeira liña inferior sinalada con --->.
800
801 2. Escriba e ata que o cursor estea ao final de li .
802
803 3. Escriba un a (minúsculo) para engadir texto despois do cursor.
804
805 4. Complete a palabra coma na liña inferior. Prema <ESC> para saír
806 do modo Inserir.
807
808 5. Utilice e para moverse ata a seguinte palabra incompleta e
809 repita os pasos 3 e 4.
810
811---> Esta li permit practi cómo enga texto a unha
812---> Esta liña permitirálle practicar cómo engadir texto a unha liña.
813
814NOTA: a, i e A entran no modo Inserir; a única diferencia é
815 onde se colocan os carácteres inseridos.
816
817
818~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
819 LECCIÓN 1.6.3: OUTRA VERSIÓN DE «REPLACE» (SUBSTITUÍR)
820
821
822 ** Prema un R MAIÚSCULO para substituír máis dun carácter. **
823
824 1. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->.
825 Mova o cursor ao inicio da primeira xxx .
826
827 2. Agora prema R e escriba o número que aparece na liña inferior.
828 Isto substituirá o texto xxx .
829
830 3. Prema <ESC> para abandoa-lo modo Substituír.
831 Observe que o resto da liña fica sen modificacions.
832
833 4. Repita os pasos para substituí-lo texto xxx que queda.
834
835---> Sumar 123 a xxx da un resultado de xxx.
836---> Sumar 123 a 456 da un resultado de 579.
837
838NOTA: O modo Substituír é como o modo Inserir, pero cada carácter escrito
839 elimina un carácter xa existente.
840
841~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
842 LECCIÓN 1.6.4: COPIAR E PEGAR TEXTO
843
844
845 ** Utilice o operador e para copiar texto e p para pegalo. **
846
847 1. Mova o cursor á liña inferior marcada con ---> e posicione o
848 cursor despois de "a)".
849
850 2. Inicie o modo Visual con v
851 e mova o cursor xusto antes de "primeiro".
852
853 3. Prema e para copiar yank») o texto salientado.
854
855 4. Mova o cursor ao final da seguinte liña mediante: j$
856
857 5. Prema p para pór (pegar) o texto. Despois escriba: o segundo <ESC>.
858
859 6. Utilice o modo visual para seleccionar " elemento.", e cópieo con y.
860 Mova o cursor ao final da seguinte liña con j$ e pegue o texto
861 xusto acabado de copiar con p .
862
863---> a) este é o primeiro elemento.
864 b)
865
866NOTA: Tamén pode utilizar e como un operador: yw copia unha palabra,
867 yy copia a liña completa onde está o cursor; despois p pegará
868 esa liña.
869
870
871~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
872 LECCIÓN 1.6.5: ACTIVAR SET») UNHA OPCIÓN
873
874
875 ** Active unha opción para buscar ou substituír ignorando
876 se o texto está en MAIÚSCULAS ou minúsculas **
877
878 1. Busque a cadea de texto 'ignorar' escribindo: /ignorar <INTRO>
879 Repita a busca varias veces pulsando n .
880
881 2. Active a opción 'ic' ("Ignore case" ou ignorar maiúsculas e minúsculas)
882 mediante: :set ic
883
884 3. Agora, busque de novo 'ignorar' pulsando n .
885 Observe que agora tamén se acha Ignorar e IGNORAR.
886
887 4. Active as opcions 'hlsearch' e 'incsearch' escribindo: :set hls is
888
889 5. Agora escriba de novo o comando de busca
890 e vexa qué acontece: /ignore <INTRO>
891
892 6. Para inhabilitar ou ignorar a distinción entre MAIÚSCULAS e minúsculas
893 escriba: :set noic
894
895NOTA: Para elimina-lo salientado das coincidencias escriba: :nohlsearch
896NOTA: Se quere ignora-las MAIÚSCULAS e minúsculas, só para un comando
897 de busca, utilice \c na frase: /ignorar\c <INTRO>
898
899
900~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
901 RESUMO DA LECCIÓN 1.6
902
903
904 1. Escriba o para abrir unha liña por BAIXO da posición do cursor e
905 entrar en modo Inserir.
906 Escriba O para abrir unha liña por RIBA da posición do cursor e
907 entrar en modo Inserir
908
909 2. Escriba a para inserir texto despois do cursor.
910 Escriba A para inserir texto ao final da liña.
911
912 3. O comando e move o cursor ao final dunha palabra.
913
914 4. O operador e copia yank») texto; p pégao (pon).
915
916 5. Ao escribir un R MAIÚSCULO, entra no modo Substituír ata que
917 se preme <ESC> .
918
919 6. Ao escribir :set xxx , actívase a opción 'xxx'.
920 Algunas opcións son:
921 'ic' 'ignorecase' ignorar maiúsculas/minúsculas ao buscar
922 'is' 'incsearch' amosa-las coincidencias parciais para
923 a busca dunha frase
924 'hls' 'hlsearch' salienta tódalas coincidencias da frases
925
926 Pode utilizar tanto os nomes longos coma os curtos das opcions.
927
928 7. Engada "no" para inhabilitar unha opción: :set noic
929
930
931~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
932 LECCIÓN 7: OBTER AXUDA
933
934
935 ** Utilice o sistema de axuda en liña **
936
937 O Vim dispón dun sistema de axuda en liña. Para comezar, probe unha
938 destas tres formas:
939 - prema a tecla <AXUDA> (se dispón dela)
940 - prema a tecla <F1> (se dispón dela)
941 - escriba :help <INTRO>
942
943 Lea o texto na xanela de axuda para descubrir cómo funciona a axuda.
944 Escriba CTRL-W CTRL-W para chimpar dunha xanela a outra.
945 Escriba :q <INTRO> para pechar a xanela de axuda.
946
947 Pode atopar axuda en case calquer tema engadindo un argumento ao
948 comando :help . Probe estes (non esqueza premer <INTRO>):
949
950 :help w
951 :help c_CTRL-D
952 :help insert-index
953 :help user-manua
954
955
956~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
957 LECCIÓN 1.7.2: CREAR UN SCRIPT DE INICIO
958
959
960 ** Habilitar funcionalidades no Vim **
961
962 O Vim ten moitas máis funcionalidades que o Vi, pero algunhas están
963 inhabilitadas de xeito predeterminado.
964 Para empezar a utilizar máis funcionalidades debería crear un arquivo
965 chamado "vimrc".
966
967 1. Comece a edita-lo arquivo "vimrc". Isto depende do seu sistema:
968 :e ~/.vimrc para Unix
969 :e ~/_vimrc para Windows
970
971 2. Agora lea o contenido do arquivo "vimrc" de exemplo:
972 :r $VIMRUNTIME/vimrc_example.vim
973
974 3. Garde o arquivo mediante:
975 :w
976
977 A próxima vez que inicie o Vim, este usará o salientado de sintaxe.
978 Pode engadir tódolos seus axustes preferidos a este arquivo "vimrc".
979 Para máis información escriba :help vimrc-intro
980
981
982~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
983 LECCIÓN 1.7.3: COMPLETADO
984
985
986 ** Completado da liña de comandos con CTRL-D ou <TAB> . **
987
988 1. Asegúrese de que o Vim non está no modo compatible: :set nocp
989
990 2. Vexa qué arquivos existen no directorio con: :!ls ou :!dir
991
992 3. Escriba o inicio dun comando: :e
993
994 4. Prema CTRL-D e o Vim mostrará a lista de comandos que empezan con "e".
995
996 5. Engada d<TAB> e o Vim completará o nome do comando a ":edit".
997
998 6. Agora engada un espacio e o inicio do nome dun arquivo: :edit FIL
999
1000 7. Prema <TAB>. Vim completará o nome (se só hai un).
1001
1002NOTA: O completado funciona con moitos comandos. Só prema CTRL-D ou
1003 <TAB>. É especialmente útil para :help .
1004
1005
1006~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
1007 RESUMO DA LECCIÓN 1.7
1008
1009
1010 1. Escriba :help ou prema <F1> ou <HELP> para abri-la xanela de axuda.
1011
1012 2. Escriba :help cmd para atopar axuda sobre cmd .
1013
1014 3. Escriba CTRL-W CTRL-W para chimpar a outra xanela.
1015
1016 4. Escriba :q para pecha-la xanela de axuda.
1017
1018 5. Cree un ficheiro vimrc de inicio para garda-los sus axustes preferidos.
1019
1020 6. Cuando escriba un comando : prema CTRL-D para ver posibles opcións.
1021 Prema <TAB> para utilizar unha das opcións de completado.
1022
1023
1024~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
1025
1026 Aquí conclúe o tutor do Vim. Está pensado para dar unha visión breve do
1027 editor Vim, suficiente para permitirlle usa-lo editor de forma bastante
1028 sinxela. Está moi lonxe de estar completo pois o Vim ten moitísimos máis
1029 comandos. Lea o seguinte manual de usuario: ":help user-manual".
1030
1031 Para lecturas e estudos posteriores, recoméndase o libro:
1032 Vim - Vi Improved - de Steve Oualline
1033 Editado por: New Riders
1034 o primeiro libro adicado completamente ao Vim. Especialmente útil para
1035 principiantes. Ten moitos exemplos e imaxes.
1036 Vexa https://iccf-holland.org/click5.html
1037
1038 Este tutorial foi escrito por Michael C. Pierce e Robert K. Ware,
1039 Colorado School of Mines utilizando ideas subministradas por Charles Smith,
1040 Colorado State University.
1041 E-mail: bware@mines.colorado.edu.
1042
1043 Modificado para Vim por Bram Moolenaar.
1044
1045~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
1046 Traducido do inglés ao galego por Fernando Vilariño.
1047 Correo electrónico: fernando@cvc.uab.es.
1048
1049~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~