blob: 8816d34193cdc7c327e640ec6dc7cbd19206078a [file] [log] [blame]
fernandovilarino951d0252025-05-03 19:07:35 +02001===============================================================================
2= B e n v i d o a o t u t o r d o V I M - Versión 1.7 =
3===============================================================================
4
5
6 Vim é un editor moi potente que dispón de moitos comandos, demasiados
7 para ser explicados nun tutor coma este. Este tutor está deseñado
8 para describir comandos dabondo para que vostede sexa capaz de
9 aprender fácilmente a usa-lo Vim como un editor de propósito xeral.
10
11 O tempo necesario para completa-lo tutor é aproximadamente de 30
12 minutos, dependendo de canto tempo se adique á experimentación.
13
14 Os comandos destas leccións modificarán o texto. Faga unha copia deste
15 ficheiro para practicar (con «vimtutor», isto xa é unha copia).
16
17 É importante lembrar que este tutor está pensado para ensinar coa
18 práctica. Isto significa que cómpre executa-los comandos para
19 aprendelos axeitadamente. Se únicamente le o texto, esqueceránselle
20 os comandos!
21
22 Agora, asegúrese de que a tecla de bloqueo de maiúsculas NON está
23 activada e prema a tecla j para move-lo cursor, de xeito que o texto
24 da Lección 1.1.1 abranga completamente a pantalla.
25
26
27~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
28 LECCIÓN 1.1.1: MOVE-LO CURSOR
29
30
31 ** Para move-lo cursor, prema as teclas h,j,k,l do xeito indicado. **
32 ^
33 k Indicación: A tecla h está á esquerda, e móveo á esquerda.
34 < h l > A tecla l está á dereita, e móveo á dereita.
35 j A tecla j semella unha frecha e apunta
36 v cara a embaixo.
37
38 1. Mova o cursor pola pantalla ata que sinta comodidade facendo a acción.
39
40 2. Manteña premida a tecla j ata que se repita automáticamente.
41 Agora xa sabe como chegar á lección seguinte.
42
43 3. Utilizando a tecla abaixo, vaia á lección 1.1.2.
44
45NOTA: Se alguna vez non está seguro sobre algo que tecleara, prema <ESC>
46 para situarse no modo Normal. Logo, volva a teclear a orde que desexaba.
47
48NOTA: As teclas de movemento do cursor tamén funcionan. Pero usando hjkl
49 poderá moverse moito máis rápido unha vez que se acostume.
50 De verdade!
51
52
53~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
54 LECCIÓN 1.1.2: SAÍR DO VIM
55
56
57NOTA: Antes de executar algún dos seguintes pasos, lea primeiro a lección
58 enteira!!
59
60 1. Prema a tecla <ESC> (para asegurarse de que está no modo Normal).
61
62 2. Escriba: :q! <INTRO>
63 Isto provoca a saída do editor REXEITANDO calquer cambio que fora feito.
64
65 3. Regrese eiquí executando o comando que o trouxo a este tutor.
66 Este puido ser: vimtutor <INTRO>
67
68 4. Se memorizou estes pasos, e se sinte con confianza, execute os
69 pasos do 1 ao 3 para saír e volver a entrar ao editor.
70
71NOTA: :q! <INTRO> descarta cualquer cambio que realizara.
72 En próximas leccións, aprenderá como garda-los cambios nun arquivo.
73
74 5. Mova o cursor ata a Lección 1.1.3.
75
76
77~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
78 LECCIÓN 1.1.3: EDITAR TEXTO - BORRAR
79
80
81 ** Prema x para elimina-lo carácter baixo o cursor. **
82
83 1. Mova o cursor á liña de embaixo sinalada con --->.
84
85 2. Para corrixi-los erros, mova o cursor ata que estea sobre o
86 carácter que vai ser borrado.
87
88 3. Prema a tecla x para elimina-lo carácter non desexado.
89
90 4. Repita os pasos 2 a 4 ata que a frase sexa a correcta.
91
92---> A vvaca saltooooou soobree aa lúúúúúúúa.
93
94 5. Agora que a liña está correcta, continúe coa Lección 1.1.4.
95
96NOTA: A medida que vaia avanzando neste tutor, non tente memorizar,
97 aprenda practicando.
98
99
100~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
101 LECCIÓN 1.1.4: EDITAR TEXTO - INSERIR
102
103
104 ** Prema i para inserir texto. **
105
106 1. Mova o cursor á primeira liña de embaixo sinalada con --->.
107
108 2. Para facer que a primeira liña sexa igual ca segunda, mova o cursor
109 ata que estea sobre o carácter ANTES do texto que vai ser inserido.
110
111 3. Prema i e escriba os carácteres a engadir.
112
113 4. A medida que sexa corrixido cada erro, prema <ESC> para volver ao modo
114 Normal. Repita os pasos 2 a 4 para corrixi-la frase.
115
116---> Flta texto nesta .
117---> Falta algo de texto nesta liña.
118
119 5. Cuando se sinta con comodidade inserindo texto, pase á lección 1.1.5.
120
121
122~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
123 LECCIÓN 1.1.5: EDITAR TEXTO - ENGADIR
124
125
126 ** Prema A para engadir texto. **
127
128 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
129 Non importa sobre qué carácter estea o cursor nesta liña.
130
131 2. Prema A e escriba o texto necesario.
132
133 3. Cuando o texto estea engadido, prema <ESC> para volver ao modo Normal.
134
135 4. Mova o cursor á segunda liña marcada con ---> e repita os pasos 2 e 3
136 para corrixir esta frase.
137
138---> Falta algún texto nes
139 Falta algún texto nesta liña.
140---> Tamén falta alg
141 Tamén falta algún texto eiquí.
142
143 5. Cuando se sinta con comodidade engadindo texto, pase á lección 1.1.6.
144
145
146~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
147 LECCIÓN 1.1.6: EDITAR UN ARQUIVO
148
149
150 ** Use :wq para gardar un arquivo e saír **
151
152NOTA: Antes de executar os seguintes pasos, lea a lección enteira!!
153
154 1. Se ten acceso a outra terminal, faga os seguintes puntos nela.
155 Se non é así, saia deste tutor como fixo na lección 1.1.2: :q!
156
157 2. No símbolo do sistema escriba este comando: vim arquivo.txt <INTRO>
158 'vim' é o comando para arrincar o editor Vim,
159 'arquivo.txt' é o nome do arquivo que quere editar.
160 Utilice o nome dun arquivo que poida cambiar.
161
162 3. Insira e elimine texto como xa aprendeu nas leccións anteriores.
163
164 4. Garde o arquivo cos cambios e saia do Vim con: :wq <INTRO>
165
166 5. Se xa saiu do vimtutor no paso 1, reinicie vimtutor e baixe ata
167 o seguinte resumo.
168
169 6. Despois de le-los pasos anteriores e telos entendido: fágaos.
170
171
172~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
173 RESUMO DA LECCIÓN 1.1
174
175
176 1. O cursor móvese utilizando as teclas das frechas ou as teclas hjkl.
177 h (esquerda) j (abaixo) k (arriba) l (dereita)
178
179 2. Para acceder ao Vim dende o símbolo do sistema escriba:
180 vim nome_arquivo <INTRO>
181
182 3. Para saír do Vim escriba: <ESC> :q! <INTRO> para eliminar tódolos
183 cambios.
184 Ou escriba: <ESC> :wq <INTRO> para garda-los cambios.
185
186 4. Para borrar un carácter baixo o cursor en modo Normal prema: x .
187
188 5. Para inserir ou engadir texto escriba:
189 i escriba o texto a inserir <ESC> insire o texto antes do cursor
190 A escriba o texto a engadir <ESC> engade o texto ao final da liña
191
192NOTA: Premendo <ESC> tórnase ao modo Normal ou cancélase unha orde non
193 desexada ou incompleta.
194
195 Agora continúe coa Lección 1.2.
196
197
198~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
199 LECCIÓN 1.2.1: COMANDOS PARA BORRAR
200
201
202 ** Escriba dw para borrar unha palabra **
203
204 1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal.
205
206 2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
207
208 3. Mova o cursor ao comezo dunha palabra que desexe borrar.
209
210 4. Prema dw para facer que a palabra desapareza.
211
212NOTA: A letra d aparecerá na última liña inferior dereita da pantalla
213 namentres a escribe. O Vim está esperando que escriba w .
214 Se ve outro carácter que non sexa d , é que escribiu algo mal. Prema
215 <ESC> e comece de novo.
216
217---> Hai algunhas palabras pásao ben que non pertencen papel a esta frase.
218
219 5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a frase sexa correcta e pase á
220 lección 1.2.2.
221
222
223~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
224 LECCIÓN 1.2.2: MÁIS COMANDOS PARA BORRAR
225
226
227 ** Escriba d$ para borrar ata o final da liña. **
228
229 1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal.
230
231 2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
232
233 3. Mova o cursor ao final da liña correcta (DESPOIS do primeiro . ).
234
235 4. Escriba d$ para borrar ata o final da liña.
236
237---> Alguén escribiu o final desta liña dúas veces. esta liña dúas veces.
238
239 Pase á lección 1.2.3 para entender qué está pasando.
240
241
242~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
243 LECCIÓN 1.2.3: SOBRE OPERADORES E MOVEMENTOS
244
245
246 Moitos comandos que cambian texto están compostos por un operador e máis
247 un movemento.
248 O formato para o comando 'eliminar' co operador de borrado d é o
249 seguinte:
250
251 d movemento
252
253 Onde:
254 d - é o operador para borrar.
255 movemento - é o texto sobre o que o comando vai operar (lista inferior).
256
257 Eiquí, unha lista resumida de movementos:
258 w - ata o comezo da seguinte palabra, EXCLUÍNDO o seu primero carácter.
259 e - ata o final da palabra actual, INCLUÍNDO o último carácter.
260 $ - ata o final da liña, INCLUÍNDO o último carácter.
261
262 Polo tanto, ao escribir de borraráse dende a posición do cursor ata o
263 final da palabra.
264
265NOTA: Premendo únicamente o movemento, estando no modo Normal sen un
266 operador, moveráse o cursor como se especifica na lista anterior.
267
268
269~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
270 LECCIÓN 1.2.4: UTILIZAR UN CONTADOR PARA UN MOVEMENTO
271
272
273 ** Ao escribir un número denantes dun movemento, repítise o movemento
274 o número de veces. **
275
276 1. Mova o cursor ao comezo da liña marcada con --->.
277
278 2. Escriba 2w para mover o cursor dúas palabras cara a adiante.
279
280 3. Escriba 3e para mover o cursor ao final da terceira palabra cara a
281 adiante.
282
283 4. Escriba 0 (cero) para coloca-lo cursor ao inicio da liña.
284
285 5. Repita os pasos 2 e 3 con diferentes números.
286
287---> Isto é só unha liña con palabras onde poder moverse.
288
289 Pase á lección 1.2.5.
290
291
292~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
293 LECCIÓN 1.2.5: UTILIZAR UN CONTADOR PARA BORRAR MÁIS
294
295
296 ** Ao escribir un número cun operador, repítese ese número de veces. **
297
298 En combinación co operador de borrado e o movemento mencionado
299 anteriormente, engada un contador antes do movemento para eliminar máis:
300 d número movemento
301
302 1. Mova o cursor ao inicio da primeira palabra en MAIÚSCULAS na liña
303 marcada con --->.
304
305 2. Escriba d2w para elimina-las dúas palabras en MAIÚSCULAS.
306
307 3. Repita os pasos 1 e 2 con diferentes contadores para elimina-las
308 seguintes palabras en MAIÚSCULAS cun comando.
309
310---> Esta ABC DE cadea FGHI JK LMN OP de palabras foi Q RS TUV limpada.
311
312
313~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
314 LECCIÓN 1.2.6: OPERACIÓN EN LIÑAS
315
316
317 ** Escriba dd para eliminar unha liña completa. **
318
319 Debido á frecuencia coa que se elimina unha liña completa, os deseñadores
320 do Vim decidiron que sería máis sinxelo simplemente escribir dúas letras
321 d para eliminar unha liña.
322
323 1. Mova o cursor á segunda liña do párrafo inferior.
324
325 2. Escriba dd para elimina-la liña.
326
327 3. Agora, móvase á cuarta liña.
328
329 4. Escriba 2dd para eliminar dúas liñas á vez.
330
331---> 1) As rosas son vermellas,
332---> 2) o barro é divertido,
333---> 3) a violeta é azul,
334---> 4) teño un coche,
335---> 5) os reloxos dan a hora,
336---> 6) o azucere é dóce
337---> 7) e ti tamén o es.
338
339 A duplicación para borrar liñas tamén funcionan cos operadores
340 mencionados anteriormente.
341
342
343~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
344 LECCIÓN 1.2.7: O COMANDO DESFACER
345
346
347 ** Prema u para desfacer os últimos comandos,
348 U para desfacer unha liña enteira. **
349
350 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con ---> e sitúeo baixo o
351 primeiro erro.
352
353 2. Prema x para borra-lo primeiro carácter non desexado.
354
355 3. Prema agora u para desface-lo último comando executado.
356
357 4. Agora, corrixa tódolos erros da liña usando o comando x.
358
359 5. Prema agora U maiúsculo para devolver a liña ao seu estado orixinal.
360
361 6. Prema agora u unhas poucas veces máis para desface-lo feito por U e
362 mailos comandos previos.
363
364 7. Agora, prema CTRL-R (manteña pulsada a tecla CTRL e prema R) unhas
365 cantas veces para volver a executar os comandos (desface-lo desfeito).
366
367---> Corrrixa os erros dee esttta liña e vooolva ponelos coon desfacer.
368
369 Estes son uns comandos moi útiles. Agora, vaiamos ao resumo da lección 1.2.
370
371
372~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
373 RESUMO DA LECCIÓN 1.2
374
375
376 1. Para borrar dende o cursor ata a seguinte palabra prema: dw
377 2. Para borrar dende o cursor ata o final da palabra prema: de
378 3. Para borrar dende o cursor ata o final dunha liña prema: d$
379 4. Para borrar unha liña enteira prema: dd
380 5. Para repetir un movemento, antepoña un número: 2w
381 6. O formato para un comando de cambio é:
382 operador [número] movemento
383 onde:
384 comando - é o que hai que facer, por exemplo, d para borrar
385 [número] - é un número opcional para repetir o movemento
386 movemento - móvese sobre o texto no que operar, como w (palabra),
387 $ (ata o final da liña), etc.
388
389 7. Para moverse ao inicio da liña utilice un cero: 0
390 8. Para desfacer acciones previas prema: u (u minúsculo)
391 Para desfacer tódolos cambios dunha liña prema: U (U mAIÚSCULO)
392 Para desface-lo desfeito prema: CTRL-R
393
394
395~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
396 LECCIÓN 1.3.1: O COMANDO «PUT» (PÓR)
397
398
399 ** Prema p para pór (pegar) despois do cursor o último que borrou. **
400
401 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
402
403 2. Escriba dd para borra-la liña e almacenala nun rexistro do Vim.
404
405 3. Mova o cursor á liña c) por RIBA de onde debería esta-la liña
406 eliminada.
407
408 4. Prema p para pega-la liña borrada por BAIXO do cursor.
409
410 5. Repita os pasos 2 a 4 para por tódalas liñas na orde correcta.
411
412---> d) Podes aprendela ti?
413---> b) A violeta é azul,
414---> c) a intelixencia apréndese,
415---> a) as rosas son vermellas.
416
417
418~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
419 LECCIÓN 1.3.2: O COMANDO «REPLACE» (TROCAR)
420
421
422 ** Prema rx para troca-lo carácter baixo o cursor con x . **
423
424 1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
425
426 2. Mova o cursor para situalo sobre o primeiro erro.
427
428 3. Prema r e despois o carácter que debería ir aí.
429
430 4. Repita os pasos 2 e 3 ata que a primeira liña sexa igual á segunda.
431
432---> Cande esti lita fui escrita alguér premeu alginhas teclas equibocadas!
433---> Cando esta liña foi escrita alguén premeu algunhas teclas equivocadas!
434
435 5. Agora pase á lección 1.3.3.
436
437NOTA: Lembre que debería aprender practicando.
438
439
440~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
441 LECCIÓN 1.3.3: O COMANDO CAMBIAR
442
443
444 ** Para cambiar ata o final dunha palabra, escriba ce . **
445
446 1. Mova o cursor á primeria liña inferior marcada con --->.
447
448 2. Sitúe o cursor no u de lubrs.
449
450 3. Escriba ce e corrixa a palabra (neste caso, escriba 'iña').
451
452 4. Prema <ESC> e mova o cursor ao seguinte erro a cambiar.
453
454 5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a primeira frase sexa igual á segunda.
455
456---> Esta lubrs ten unhas poucas pskavtad que corrixir co comando change.
457---> Esta liña ten unhas poucas palabras que corrixir co comando cambiar.
458
459 Teña en conta que ce elimina a palabra e entra no modo Inserir.
460 cc fai o mesmo para toda a liña.
461
462
463~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
464 LECCIÓN 1.3.4: MÁIS CAMBIOS USANDO c
465
466
467 ** O operador cambio utilízase cos mesmos movementos que borrar. **
468
469 1. O operador cambio funciona do mesmo xeito que borrar. O formato é:
470
471 c [número] movemento
472
473 2. Os movementos son tamén os mesmos, como w (palabra) ou
474 $ (fin da liña).
475
476 3. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->.
477
478 4. Mova o cursor ao primeiro erro.
479
480 5. Prema c$ e escriba o resto da liña para que sexa como a segunda,
481 e prema <ESC>.
482
483---> O final desta liña necesita algunha axuda para que sexa como a segunda.
484---> O final desta liña necesita ser corrixido usando o comando c$.
485
486NOTA: Pode utiliza-lo retorno de carro para corrixir erros mentres escribe.
487
488
489~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
490 RESUMO DA LECCIÓN 1.3
491
492
493 1. Para volver a pór ou pega-lo texto que acaba de borrarse,
494 escriba p . Isto pega o texto despois do cursor (se borrou unha
495 liña, ao pegala, esta situaráse na liña baixo do cursor).
496
497 2. Para troca-lo carácter baixo do cursor, prema r e logo o
498 carácter que quere que estea no seu lugar.
499
500 3. O operador cambio permítelle cambiar dende a posición do cursor
501 ata onde leve o movemento indicado. Por exemplo, prema ce
502 para cambiar dende o cursor ata o final da palabra, ou c$
503 para cambiar ata o final da liña.
504
505 4. O formato para cambio é:
506
507 c [número] movemento
508
509 Pase agora á lección seguinte.
510
511
512~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
513 LECCIÓN 1.4.1: UBICACIÓN DO CURSOR E ESTADO DO ARQUIVO
514
515
516 ** Prema CTRL-G para mostra-la súa situación no ficheiro e mailo estado.
517 Prema G para moverse a unha determinada liña do fichero. **
518
519NOTA: Lea esta lección enteira antes de executar calquera dos pasos!!
520
521 1. Manteña premida a tecla Ctrl e prema g . Chamamos a isto CTRL-G.
522 Aparecerá unha mensaxe na parte inferior da páxina co nome do arquivo
523 e a posición do cursor no arquivo.
524 Lembre o número de liña para o paso 3.
525
526NOTA: Seica poida ve-la posición do cursor no recanto inferior da dereita
527 da pantalla. Isto acontece cando a opción 'ruler' (regra) está
528 habilitada (consulte :help 'ruler' )
529
530 2. Prema G para move-lo cursor ata a parte inferior do arquivo.
531 Prema gg para move-lo cursor ao inicio do arquivo.
532
533 3. Escriba o número da liña na que estaba e despois G . Isto
534 tornaráo á liña na que estaba cuando pulsou CTRL-G.
535
536 4. Se se atopa con seguridade para poder facer isto,
537 execute os pasos 1 a 3.
538
539
540~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
541 LECCIÓN 1.4.2: O COMANDO «SEARCH» (BUSCAR)
542
543
544 ** Escriba / seguido dun texto para busca-lo texto. **
545
546 1. En modo Normal, prema o carácter / . Fíxese que tanto o carácter /
547 como o cursor aparecen na derradeira liña da pantalla, o mesmo que
548 o comando : .
549
550 2. Escriba agora errroor <INTRO>. Esta é a palabra que quere buscar.
551
552 3. Para repeti-la busca do mesmo texto outra vez, simplemente prema n .
553 Para busca-lo mesmo texto na dirección oposta, prema N .
554
555 4. Se quere buscar un texto na dirección oposta (cara a enriba),
556 utilice o comando ? en troques de / .
557
558 5. Para regresar ao lugar de onde procedía, prema CTRL-O (manteña pulsado
559 Ctrl mentres pulsa a tecla o). Repita o proceso para voltar máis atrás.
560 CTRL-I vai cara a adiante.
561
562---> "errroor" non é o xeito correcto de escribir erro; errroor é un erro.
563
564NOTA: Cando a busca chega ao final do arquivo, continuará dende o comezo,
565 agás que a opción 'wrapscan' estea desactivada.
566
567
568~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
569 LECCIÓN 1.4.3: BUSCA PARA COMPROBAR PARÉNTESES
570
571
572 ** Prema % para atopa-la paréntese correspondente a ),] ou } . **
573
574 1. Sitúe o cursor en cualquera dos carácteres (, [ o { na liña inferior
575 sinalada con --->.
576
577 2. Prema agora o carácter % .
578
579 3. O cursor moveráse á parella de peche da paréntese, corchete
580 ou chave correspondente.
581
582 4. Prema % para move-lo cursor ata a outra parella do carácter.
583
584 5. Mova o cursor a outra (,),[,],{ o } e vexa o que fai % .
585
586---> Isto ( é unha liña de proba con (, [, ], {, e } nela. ))
587
588NOTA: Isto é moi útil na detección de erros nun programa con parénteses,
589 corchetes ou chaves sen parella.
590
591
592~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
593 LECCIÓN 1.4.4: O COMANDO SUBSTITUÍR
594
595
596 ** Escriba :s/vello/novo/g para substituír 'vello' por 'novo'. **
597
598 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
599
600 2. Escriba :s/aas/as/ <INTRO> . Teña en conta que este comando cambia
601 só o primeiro achado -na liña- da expresión que quere cambiar.
602
603 3. Agora escriba :s/aas/a/g . Ao engadir a opción g , o Vim fará
604 a substitución global na liña, cambiando tódo-los achados
605 do termo "aas" na liña.
606
607---> Coido que aas mellores épocas para aas frores son aas primaveras.
608
609 4. Para cambiar cada achado da cadea de carácteres entre dúas liñas:
610 Escriba :#,#s/vello/novo/g onde #,# son os números de liña do rango
611 de liñas onde se realizará a substitución.
612 Escriba :%s/vello/novo/g para cambiar cada achado en todo o arquivo.
613 Escriba :%s/vello/novo/gc para atopar cada achado en todo o arquivo,
614 pedindo confirmación para face-la
615 substitución ou non.
616
617
618~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
619 RESUMO DA LECCIÓN 1.4
620
621
622 1. CTRL-G mostra a posición do cursor no ficheiro e mailo seu estado.
623 G move o cursor ao final do arquivo.
624 número G move o cursor a ese número de liña.
625 gg move o cursor á primeira liña do arquivo.
626
627 2. Escribindo / seguido dun texto busca o texto cara a ADIANTE.
628 Escribindo ? seguido dun texto busca o texto cara a ATRÁS.
629 Despois dunha busca, prema n para atopar o achado.
630
631 3. Premendo % cando o cursor está sobre (,), [,], { o } localiza
632 a parella correspondente.
633
634 4. Para cambiar vello por novo no primeiro achado dunha liña escriba
635 :s/vello/novo
636 Para cambiar tódo-los vello por novo nunha liña escriba
637 :s/vello/novo/g
638 Para cambiar texto entre dous números de liña escriba
639 :#,#s/vello/novo/g
640 Para cambiar vello por novo en todo o fichero escriba
641 :%s/vello/novo/g
642 Para pedir confirmación en cada caso engada 'c'
643 :%s/vello/novo/gc
644
645
646~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
647 LECCIÓN 1.5.1: CÓMO EXECUTAR UN COMANDO EXTERNO
648
649
650 ** Escriba :! seguido dun comando externo para executar ese comando. **
651
652 1. Escriba o conocido comando : para situar o cursor ao final da
653 pantalla. Isto permitirálle introducir un comando.
654
655 2. Agora escriba o carácter ! (signo de admiración). Isto permitirálle
656 executar calquer mandato do sistema.
657
658 3. Como exemplo escriba ls despois do ! e logo prema <INTRO>. Isto
659 mostrarálle unha lista do seu directorio, igual que se estiviese no
660 símbolo do sistema. Se ls non funciona, utilice :!dir .
661
662NOTA: Deste xeito é posible executar cualquer comando externo,
663 tamén incluíndo argumentos.
664
665NOTA: Tódolos comandos : deben finalizarse premendo <INTRO>.
666 De agora en diante, non sempre se mencionará.
667
668
669~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
670 LECCIÓN 1.5.2: MÁIS SOBRE GARDAR FICHEIROS
671
672
673 ** Para garda-los cambios feitos nun ficheiro,
674 escriba :w NOME_DE_FICHEIRO **
675
676 1. Escriba :!dir ou :!ls para ver unha lista dos arquivos
677 do seu directorio.
678 Xa sabe que debe pulsar <INTRO> despois.
679
680 2. Elixa un nome de ficheiro que todavía non exista, como TEST.
681
682 3. Agora escriba :w TEST (onde TEST é o nome de ficheiro elixido).
683
684 4. Esta acción garda todo o ficheiro (Vim Tutor) baixo o nome TEST.
685 Para comprobalo, escriba :!dir ou :!ls de novo e vexa
686 o seu directorio.
687
688NOTA: Se saíra do Vim e volvera a entrar de novo con vim TEST , o
689 arquivo sería unha copia exacta do tutorial cuando o guardou.
690
691 5. Agora, elimine o arquivo escribindo (Windows): :!del TEST
692 ou (Unix): :!rm TEST
693
694
695~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
696 LECCIÓN 1.5.3: SELECCIONAR TEXTO PARA GARDAR
697
698
699 ** Para gardar parte do arquivo, escriba v movemento :w arquivo **
700
701 1. Mova o cursor a esta liña.
702
703 2. Prema v e mova o cursor ata o quinto elemento inferior. Vexa que
704 o texto é salientado.
705
706 3. Prema o carácter : Na parte inferior da pantalla aparecerá
707 :'<,'>
708
709 4. Prema w TEST , onde TEST é un nome de arquivo que aínda non existe.
710 Verifique que ve :'<,'>w TEST antes de premer <INTRO>.
711
712 5. Vim escribirá as liñas seleccionadas no arquivo TEST. Utilice
713 :!dir o :!ls para velo. Non o elimine todavía! Utilizarémolo
714 na seguinte lección.
715
716NOTA: Ao pulsar v iniciá a selección visual. Pode move-lo cursor para
717 face-la selección máis grande ou pequena. Despois, pode utilizar un
718 operador para facer algo co texto. Por exemplo, d eliminará
719 o texto seleccionado.
720
721
722~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
723 LECCIÓN 1.5.4: RECUPERANDO E MESTURANDO FICHEIROS
724
725
726 ** Para inseri-lo contido dun ficheiro escriba :r NOME_DO_FICHEIRO **
727
728 1. Sitúe o cursor xusto por riba desta liña.
729
730NOTA: Despois de executar o paso 2 verá o texto da lección 1.5.3. Despois
731 DESCENDA ata ver de novo esta lección.
732
733 2. Agora recupere o arquivo TEST utilizando o comando :r TEST , onde
734 TEST é o nome que ven de utilizar.
735 O arquivo que recuperou colocaráse embaixo da liña onde se atope
736 o cursor.
737
738 3. Para verificar que se recuperou o arquivo, suba o cursor e
739 comprobe que agora hai dúas copias da lección 1.5.3, a orixinal e
740 maila versión do arquivo.
741
742NOTA: Tamén pode le-la saída dun comando externo. Por exemplo,
743 :r !ls le a saída do comando ls e pégao baixo da liña
744 onde se atopa o cursor.
745
746
747~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
748 RESUMO DA LECCIÓN 1.5
749
750
751 1. :!comando executa un comando externo.
752 Alguns exemplos útiles son:
753 (Windows) (Unix)
754 :!dir :!ls - mostra o contido dun directorio.
755 :!del arquivo :!rm arquivo - borra o ficheiro arquivo.
756
757 2. :w arquivo escribe o arquivo actual no disco co nome de arquivo.
758
759 3. v movemento :w arquivo guarda as liñas seleccionadas visualmente
760 no arquivo arquivo.
761
762 4. :r arquivo recupera do disco o arquivo arquivo e pégao embaixo
763 da posición do cursor.
764
765 5. :r !dir le a saída do comando dir e pégao embaixo da
766 posición do cursor.
767
768
769~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
770 LECCIÓN 1.6.1: O COMANDO «OPEN» (ABRIR)
771
772
773 ** Prema o para abrir unha liña embaixo do cursor
774 e situarse no modo inserir **
775
776 1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
777
778 2. Prema a letra minúscula o para abrir unha liña por EMBAIXO do cursor
779 e situarse en modo Inserir.
780
781 3. Agora, escriba algún texto, e despois prema <ESC> para saír do modo
782 Inserir.
783
784---> Despois de pulsar o , o cursor sitúase na liña aberta en modo Inserir.
785
786 4. Para abrir unha liña por RIBA do cursor, simplemente prema un O
787 MAIÚSCULO, en troques dun o minúsculo. Probe isto na liña seguinte.
788
789---> Abra unha liña sobre esta, pulsando O cuando o cursor estea nesta liña.
790
791
792~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
793 LECCIÓN 1.6.2: O COMANDO «APPEND» (ENGADIR)
794
795
796 ** Prema a para inserir texto despois do cursor. **
797
798 1. Mova o cursor ao inicio da primeira liña inferior sinalada con --->.
799
800 2. Escriba e ata que o cursor estea ao final de li .
801
802 3. Escriba un a (minúsculo) para engadir texto despois do cursor.
803
804 4. Complete a palabra coma na liña inferior. Prema <ESC> para saír
805 do modo Inserir.
806
807 5. Utilice e para moverse ata a seguinte palabra incompleta e
808 repita os pasos 3 e 4.
809
810---> Esta li permit practi cómo enga texto a unha
811---> Esta liña permitirálle practicar cómo engadir texto a unha liña.
812
813NOTA: a, i e A entran no modo Inserir; a única diferencia é
814 onde se colocan os carácteres inseridos.
815
816
817~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
818 LECCIÓN 1.6.3: OUTRA VERSIÓN DE «REPLACE» (SUBSTITUÍR)
819
820
821 ** Prema un R MAIÚSCULO para substituír máis dun carácter. **
822
823 1. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->.
824 Mova o cursor ao inicio da primeira xxx .
825
826 2. Agora prema R e escriba o número que aparece na liña inferior.
827 Isto substituirá o texto xxx .
828
829 3. Prema <ESC> para abandoa-lo modo Substituír.
830 Observe que o resto da liña fica sen modificacions.
831
832 4. Repita os pasos para substituí-lo texto xxx que queda.
833
834---> Sumar 123 a xxx da un resultado de xxx.
835---> Sumar 123 a 456 da un resultado de 579.
836
837NOTA: O modo Substituír é como o modo Inserir, pero cada carácter escrito
838 elimina un carácter xa existente.
839
840~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
841 LECCIÓN 1.6.4: COPIAR E PEGAR TEXTO
842
843
844 ** Utilice o operador e para copiar texto e p para pegalo. **
845
846 1. Mova o cursor á liña inferior marcada con ---> e posicione o
847 cursor despois de "a)".
848
849 2. Inicie o modo Visual con v
850 e mova o cursor xusto antes de "primeiro".
851
852 3. Prema e para copiar yank») o texto salientado.
853
854 4. Mova o cursor ao final da seguinte liña mediante: j$
855
856 5. Prema p para pór (pegar) o texto. Despois escriba: o segundo <ESC>.
857
858 6. Utilice o modo visual para seleccionar " elemento.", e cópieo con y.
859 Mova o cursor ao final da seguinte liña con j$ e pegue o texto
860 xusto acabado de copiar con p .
861
862---> a) este é o primeiro elemento.
863 b)
864
865NOTA: Tamén pode utilizar e como un operador: yw copia unha palabra,
866 yy copia a liña completa onde está o cursor; despois p pegará
867 esa liña.
868
869
870~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
871 LECCIÓN 1.6.5: ACTIVAR SET») UNHA OPCIÓN
872
873
874 ** Active unha opción para buscar ou substituír ignorando
875 se o texto está en MAIÚSCULAS ou minúsculas **
876
877 1. Busque a cadea de texto 'ignorar' escribindo: /ignorar <INTRO>
878 Repita a busca varias veces pulsando n .
879
880 2. Active a opción 'ic' ("Ignore case" ou ignorar maiúsculas e minúsculas)
881 mediante: :set ic
882
883 3. Agora, busque de novo 'ignorar' pulsando n .
884 Observe que agora tamén se acha Ignorar e IGNORAR.
885
886 4. Active as opcions 'hlsearch' e 'incsearch' escribindo: :set hls is
887
888 5. Agora escriba de novo o comando de busca
889 e vexa qué acontece: /ignore <INTRO>
890
891 6. Para inhabilitar ou ignorar a distinción entre MAIÚSCULAS e minúsculas
892 escriba: :set noic
893
894NOTA: Para elimina-lo salientado das coincidencias escriba: :nohlsearch
895NOTA: Se quere ignora-las MAIÚSCULAS e minúsculas, só para un comando
896 de busca, utilice \c na frase: /ignorar\c <INTRO>
897
898
899~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
900 RESUMO DA LECCIÓN 1.6
901
902
903 1. Escriba o para abrir unha liña por BAIXO da posición do cursor e
904 entrar en modo Inserir.
905 Escriba O para abrir unha liña por RIBA da posición do cursor e
906 entrar en modo Inserir
907
908 2. Escriba a para inserir texto despois do cursor.
909 Escriba A para inserir texto ao final da liña.
910
911 3. O comando e move o cursor ao final dunha palabra.
912
913 4. O operador e copia yank») texto; p pégao (pon).
914
915 5. Ao escribir un R MAIÚSCULO, entra no modo Substituír ata que
916 se preme <ESC> .
917
918 6. Ao escribir :set xxx , actívase a opción 'xxx'.
919 Algunas opcións son:
920 'ic' 'ignorecase' ignorar maiúsculas/minúsculas ao buscar
921 'is' 'incsearch' amosa-las coincidencias parciais para
922 a busca dunha frase
923 'hls' 'hlsearch' salienta tódalas coincidencias da frases
924
925 Pode utilizar tanto os nomes longos coma os curtos das opcions.
926
927 7. Engada "no" para inhabilitar unha opción: :set noic
928
929
930~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
931 LECCIÓN 7: OBTER AXUDA
932
933
934 ** Utilice o sistema de axuda en liña **
935
936 O Vim dispón dun sistema de axuda en liña. Para comezar, probe unha
937 destas tres formas:
938 - prema a tecla <AXUDA> (se dispón dela)
939 - prema a tecla <F1> (se dispón dela)
940 - escriba :help <INTRO>
941
942 Lea o texto na xanela de axuda para descubrir cómo funciona a axuda.
943 Escriba CTRL-W CTRL-W para chimpar dunha xanela a outra.
944 Escriba :q <INTRO> para pechar a xanela de axuda.
945
946 Pode atopar axuda en case calquer tema engadindo un argumento ao
947 comando :help . Probe estes (non esqueza premer <INTRO>):
948
949 :help w
950 :help c_CTRL-D
951 :help insert-index
952 :help user-manua
953
954
955~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
956 LECCIÓN 1.7.2: CREAR UN SCRIPT DE INICIO
957
958
959 ** Habilitar funcionalidades no Vim **
960
961 O Vim ten moitas máis funcionalidades que o Vi, pero algunhas están
962 inhabilitadas de xeito predeterminado.
963 Para empezar a utilizar máis funcionalidades debería crear un arquivo
964 chamado "vimrc".
965
966 1. Comece a edita-lo arquivo "vimrc". Isto depende do seu sistema:
967 :e ~/.vimrc para Unix
968 :e ~/_vimrc para Windows
969
970 2. Agora lea o contenido do arquivo "vimrc" de exemplo:
971 :r $VIMRUNTIME/vimrc_example.vim
972
973 3. Garde o arquivo mediante:
974 :w
975
976 A próxima vez que inicie o Vim, este usará o salientado de sintaxe.
977 Pode engadir tódolos seus axustes preferidos a este arquivo "vimrc".
978 Para máis información escriba :help vimrc-intro
979
980
981~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
982 LECCIÓN 1.7.3: COMPLETADO
983
984
985 ** Completado da liña de comandos con CTRL-D ou <TAB> . **
986
987 1. Asegúrese de que o Vim non está no modo compatible: :set nocp
988
989 2. Vexa qué arquivos existen no directorio con: :!ls ou :!dir
990
991 3. Escriba o inicio dun comando: :e
992
993 4. Prema CTRL-D e o Vim mostrará a lista de comandos que empezan con "e".
994
995 5. Engada d<TAB> e o Vim completará o nome do comando a ":edit".
996
997 6. Agora engada un espacio e o inicio do nome dun arquivo: :edit FIL
998
999 7. Prema <TAB>. Vim completará o nome (se só hai un).
1000
1001NOTA: O completado funciona con moitos comandos. Só prema CTRL-D ou
1002 <TAB>. É especialmente útil para :help .
1003
1004
1005~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
1006 RESUMO DA LECCIÓN 1.7
1007
1008
1009 1. Escriba :help ou prema <F1> ou <HELP> para abri-la xanela de axuda.
1010
1011 2. Escriba :help cmd para atopar axuda sobre cmd .
1012
1013 3. Escriba CTRL-W CTRL-W para chimpar a outra xanela.
1014
1015 4. Escriba :q para pecha-la xanela de axuda.
1016
1017 5. Cree un ficheiro vimrc de inicio para garda-los sus axustes preferidos.
1018
1019 6. Cuando escriba un comando : prema CTRL-D para ver posibles opcións.
1020 Prema <TAB> para utilizar unha das opcións de completado.
1021
1022
1023~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
1024
1025 Aquí conclúe o tutor do Vim. Está pensado para dar unha visión breve do
1026 editor Vim, suficiente para permitirlle usa-lo editor de forma bastante
1027 sinxela. Está moi lonxe de estar completo pois o Vim ten moitísimos máis
1028 comandos. Lea o seguinte manual de usuario: ":help user-manual".
1029
1030 Para lecturas e estudos posteriores, recoméndase o libro:
1031 Vim - Vi Improved - de Steve Oualline
1032 Editado por: New Riders
1033 o primeiro libro adicado completamente ao Vim. Especialmente útil para
1034 principiantes. Ten moitos exemplos e imaxes.
1035 Vexa https://iccf-holland.org/click5.html
1036
1037 Este tutorial foi escrito por Michael C. Pierce e Robert K. Ware,
1038 Colorado School of Mines utilizando ideas subministradas por Charles Smith,
1039 Colorado State University.
1040 E-mail: bware@mines.colorado.edu.
1041
1042 Modificado para Vim por Bram Moolenaar.
1043
1044~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
1045 Traducido do inglés ao galego por Fernando Vilariño.
1046 Correo electrónico: fernando@cvc.uab.es.
1047
1048~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~