blob: 8816d34193cdc7c327e640ec6dc7cbd19206078a [file] [log] [blame]
===============================================================================
= B e n v i d o a o t u t o r d o V I M - Versión 1.7 =
===============================================================================
Vim é un editor moi potente que dispón de moitos comandos, demasiados
para ser explicados nun tutor coma este. Este tutor está deseñado
para describir comandos dabondo para que vostede sexa capaz de
aprender fácilmente a usa-lo Vim como un editor de propósito xeral.
O tempo necesario para completa-lo tutor é aproximadamente de 30
minutos, dependendo de canto tempo se adique á experimentación.
Os comandos destas leccións modificarán o texto. Faga unha copia deste
ficheiro para practicar (con «vimtutor», isto xa é unha copia).
É importante lembrar que este tutor está pensado para ensinar coa
práctica. Isto significa que cómpre executa-los comandos para
aprendelos axeitadamente. Se únicamente le o texto, esqueceránselle
os comandos!
Agora, asegúrese de que a tecla de bloqueo de maiúsculas NON está
activada e prema a tecla j para move-lo cursor, de xeito que o texto
da Lección 1.1.1 abranga completamente a pantalla.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.1.1: MOVE-LO CURSOR
** Para move-lo cursor, prema as teclas h,j,k,l do xeito indicado. **
^
k Indicación: A tecla h está á esquerda, e móveo á esquerda.
< h l > A tecla l está á dereita, e móveo á dereita.
j A tecla j semella unha frecha e apunta
v cara a embaixo.
1. Mova o cursor pola pantalla ata que sinta comodidade facendo a acción.
2. Manteña premida a tecla j ata que se repita automáticamente.
Agora xa sabe como chegar á lección seguinte.
3. Utilizando a tecla abaixo, vaia á lección 1.1.2.
NOTA: Se alguna vez non está seguro sobre algo que tecleara, prema <ESC>
para situarse no modo Normal. Logo, volva a teclear a orde que desexaba.
NOTA: As teclas de movemento do cursor tamén funcionan. Pero usando hjkl
poderá moverse moito máis rápido unha vez que se acostume.
De verdade!
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.1.2: SAÍR DO VIM
NOTA: Antes de executar algún dos seguintes pasos, lea primeiro a lección
enteira!!
1. Prema a tecla <ESC> (para asegurarse de que está no modo Normal).
2. Escriba: :q! <INTRO>
Isto provoca a saída do editor REXEITANDO calquer cambio que fora feito.
3. Regrese eiquí executando o comando que o trouxo a este tutor.
Este puido ser: vimtutor <INTRO>
4. Se memorizou estes pasos, e se sinte con confianza, execute os
pasos do 1 ao 3 para saír e volver a entrar ao editor.
NOTA: :q! <INTRO> descarta cualquer cambio que realizara.
En próximas leccións, aprenderá como garda-los cambios nun arquivo.
5. Mova o cursor ata a Lección 1.1.3.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.1.3: EDITAR TEXTO - BORRAR
** Prema x para elimina-lo carácter baixo o cursor. **
1. Mova o cursor á liña de embaixo sinalada con --->.
2. Para corrixi-los erros, mova o cursor ata que estea sobre o
carácter que vai ser borrado.
3. Prema a tecla x para elimina-lo carácter non desexado.
4. Repita os pasos 2 a 4 ata que a frase sexa a correcta.
---> A vvaca saltooooou soobree aa lúúúúúúúa.
5. Agora que a liña está correcta, continúe coa Lección 1.1.4.
NOTA: A medida que vaia avanzando neste tutor, non tente memorizar,
aprenda practicando.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.1.4: EDITAR TEXTO - INSERIR
** Prema i para inserir texto. **
1. Mova o cursor á primeira liña de embaixo sinalada con --->.
2. Para facer que a primeira liña sexa igual ca segunda, mova o cursor
ata que estea sobre o carácter ANTES do texto que vai ser inserido.
3. Prema i e escriba os carácteres a engadir.
4. A medida que sexa corrixido cada erro, prema <ESC> para volver ao modo
Normal. Repita os pasos 2 a 4 para corrixi-la frase.
---> Flta texto nesta .
---> Falta algo de texto nesta liña.
5. Cuando se sinta con comodidade inserindo texto, pase á lección 1.1.5.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.1.5: EDITAR TEXTO - ENGADIR
** Prema A para engadir texto. **
1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
Non importa sobre qué carácter estea o cursor nesta liña.
2. Prema A e escriba o texto necesario.
3. Cuando o texto estea engadido, prema <ESC> para volver ao modo Normal.
4. Mova o cursor á segunda liña marcada con ---> e repita os pasos 2 e 3
para corrixir esta frase.
---> Falta algún texto nes
Falta algún texto nesta liña.
---> Tamén falta alg
Tamén falta algún texto eiquí.
5. Cuando se sinta con comodidade engadindo texto, pase á lección 1.1.6.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.1.6: EDITAR UN ARQUIVO
** Use :wq para gardar un arquivo e saír **
NOTA: Antes de executar os seguintes pasos, lea a lección enteira!!
1. Se ten acceso a outra terminal, faga os seguintes puntos nela.
Se non é así, saia deste tutor como fixo na lección 1.1.2: :q!
2. No símbolo do sistema escriba este comando: vim arquivo.txt <INTRO>
'vim' é o comando para arrincar o editor Vim,
'arquivo.txt' é o nome do arquivo que quere editar.
Utilice o nome dun arquivo que poida cambiar.
3. Insira e elimine texto como xa aprendeu nas leccións anteriores.
4. Garde o arquivo cos cambios e saia do Vim con: :wq <INTRO>
5. Se xa saiu do vimtutor no paso 1, reinicie vimtutor e baixe ata
o seguinte resumo.
6. Despois de le-los pasos anteriores e telos entendido: fágaos.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.1
1. O cursor móvese utilizando as teclas das frechas ou as teclas hjkl.
h (esquerda) j (abaixo) k (arriba) l (dereita)
2. Para acceder ao Vim dende o símbolo do sistema escriba:
vim nome_arquivo <INTRO>
3. Para saír do Vim escriba: <ESC> :q! <INTRO> para eliminar tódolos
cambios.
Ou escriba: <ESC> :wq <INTRO> para garda-los cambios.
4. Para borrar un carácter baixo o cursor en modo Normal prema: x .
5. Para inserir ou engadir texto escriba:
i escriba o texto a inserir <ESC> insire o texto antes do cursor
A escriba o texto a engadir <ESC> engade o texto ao final da liña
NOTA: Premendo <ESC> tórnase ao modo Normal ou cancélase unha orde non
desexada ou incompleta.
Agora continúe coa Lección 1.2.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.1: COMANDOS PARA BORRAR
** Escriba dw para borrar unha palabra **
1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal.
2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
3. Mova o cursor ao comezo dunha palabra que desexe borrar.
4. Prema dw para facer que a palabra desapareza.
NOTA: A letra d aparecerá na última liña inferior dereita da pantalla
namentres a escribe. O Vim está esperando que escriba w .
Se ve outro carácter que non sexa d , é que escribiu algo mal. Prema
<ESC> e comece de novo.
---> Hai algunhas palabras pásao ben que non pertencen papel a esta frase.
5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a frase sexa correcta e pase á
lección 1.2.2.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.2: MÁIS COMANDOS PARA BORRAR
** Escriba d$ para borrar ata o final da liña. **
1. Prema <ESC> para asegurarse de que está no modo Normal.
2. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
3. Mova o cursor ao final da liña correcta (DESPOIS do primeiro . ).
4. Escriba d$ para borrar ata o final da liña.
---> Alguén escribiu o final desta liña dúas veces. esta liña dúas veces.
Pase á lección 1.2.3 para entender qué está pasando.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.3: SOBRE OPERADORES E MOVEMENTOS
Moitos comandos que cambian texto están compostos por un operador e máis
un movemento.
O formato para o comando 'eliminar' co operador de borrado d é o
seguinte:
d movemento
Onde:
d - é o operador para borrar.
movemento - é o texto sobre o que o comando vai operar (lista inferior).
Eiquí, unha lista resumida de movementos:
w - ata o comezo da seguinte palabra, EXCLUÍNDO o seu primero carácter.
e - ata o final da palabra actual, INCLUÍNDO o último carácter.
$ - ata o final da liña, INCLUÍNDO o último carácter.
Polo tanto, ao escribir de borraráse dende a posición do cursor ata o
final da palabra.
NOTA: Premendo únicamente o movemento, estando no modo Normal sen un
operador, moveráse o cursor como se especifica na lista anterior.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.4: UTILIZAR UN CONTADOR PARA UN MOVEMENTO
** Ao escribir un número denantes dun movemento, repítise o movemento
o número de veces. **
1. Mova o cursor ao comezo da liña marcada con --->.
2. Escriba 2w para mover o cursor dúas palabras cara a adiante.
3. Escriba 3e para mover o cursor ao final da terceira palabra cara a
adiante.
4. Escriba 0 (cero) para coloca-lo cursor ao inicio da liña.
5. Repita os pasos 2 e 3 con diferentes números.
---> Isto é só unha liña con palabras onde poder moverse.
Pase á lección 1.2.5.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.5: UTILIZAR UN CONTADOR PARA BORRAR MÁIS
** Ao escribir un número cun operador, repítese ese número de veces. **
En combinación co operador de borrado e o movemento mencionado
anteriormente, engada un contador antes do movemento para eliminar máis:
d número movemento
1. Mova o cursor ao inicio da primeira palabra en MAIÚSCULAS na liña
marcada con --->.
2. Escriba d2w para elimina-las dúas palabras en MAIÚSCULAS.
3. Repita os pasos 1 e 2 con diferentes contadores para elimina-las
seguintes palabras en MAIÚSCULAS cun comando.
---> Esta ABC DE cadea FGHI JK LMN OP de palabras foi Q RS TUV limpada.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.6: OPERACIÓN EN LIÑAS
** Escriba dd para eliminar unha liña completa. **
Debido á frecuencia coa que se elimina unha liña completa, os deseñadores
do Vim decidiron que sería máis sinxelo simplemente escribir dúas letras
d para eliminar unha liña.
1. Mova o cursor á segunda liña do párrafo inferior.
2. Escriba dd para elimina-la liña.
3. Agora, móvase á cuarta liña.
4. Escriba 2dd para eliminar dúas liñas á vez.
---> 1) As rosas son vermellas,
---> 2) o barro é divertido,
---> 3) a violeta é azul,
---> 4) teño un coche,
---> 5) os reloxos dan a hora,
---> 6) o azucere é dóce
---> 7) e ti tamén o es.
A duplicación para borrar liñas tamén funcionan cos operadores
mencionados anteriormente.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.2.7: O COMANDO DESFACER
** Prema u para desfacer os últimos comandos,
U para desfacer unha liña enteira. **
1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con ---> e sitúeo baixo o
primeiro erro.
2. Prema x para borra-lo primeiro carácter non desexado.
3. Prema agora u para desface-lo último comando executado.
4. Agora, corrixa tódolos erros da liña usando o comando x.
5. Prema agora U maiúsculo para devolver a liña ao seu estado orixinal.
6. Prema agora u unhas poucas veces máis para desface-lo feito por U e
mailos comandos previos.
7. Agora, prema CTRL-R (manteña pulsada a tecla CTRL e prema R) unhas
cantas veces para volver a executar os comandos (desface-lo desfeito).
---> Corrrixa os erros dee esttta liña e vooolva ponelos coon desfacer.
Estes son uns comandos moi útiles. Agora, vaiamos ao resumo da lección 1.2.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.2
1. Para borrar dende o cursor ata a seguinte palabra prema: dw
2. Para borrar dende o cursor ata o final da palabra prema: de
3. Para borrar dende o cursor ata o final dunha liña prema: d$
4. Para borrar unha liña enteira prema: dd
5. Para repetir un movemento, antepoña un número: 2w
6. O formato para un comando de cambio é:
operador [número] movemento
onde:
comando - é o que hai que facer, por exemplo, d para borrar
[número] - é un número opcional para repetir o movemento
movemento - móvese sobre o texto no que operar, como w (palabra),
$ (ata o final da liña), etc.
7. Para moverse ao inicio da liña utilice un cero: 0
8. Para desfacer acciones previas prema: u (u minúsculo)
Para desfacer tódolos cambios dunha liña prema: U (U mAIÚSCULO)
Para desface-lo desfeito prema: CTRL-R
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.3.1: O COMANDO «PUT» (PÓR)
** Prema p para pór (pegar) despois do cursor o último que borrou. **
1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
2. Escriba dd para borra-la liña e almacenala nun rexistro do Vim.
3. Mova o cursor á liña c) por RIBA de onde debería esta-la liña
eliminada.
4. Prema p para pega-la liña borrada por BAIXO do cursor.
5. Repita os pasos 2 a 4 para por tódalas liñas na orde correcta.
---> d) Podes aprendela ti?
---> b) A violeta é azul,
---> c) a intelixencia apréndese,
---> a) as rosas son vermellas.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.3.2: O COMANDO «REPLACE» (TROCAR)
** Prema rx para troca-lo carácter baixo o cursor con x . **
1. Mova o cursor á primeira liña inferior marcada con --->.
2. Mova o cursor para situalo sobre o primeiro erro.
3. Prema r e despois o carácter que debería ir aí.
4. Repita os pasos 2 e 3 ata que a primeira liña sexa igual á segunda.
---> Cande esti lita fui escrita alguér premeu alginhas teclas equibocadas!
---> Cando esta liña foi escrita alguén premeu algunhas teclas equivocadas!
5. Agora pase á lección 1.3.3.
NOTA: Lembre que debería aprender practicando.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.3.3: O COMANDO CAMBIAR
** Para cambiar ata o final dunha palabra, escriba ce . **
1. Mova o cursor á primeria liña inferior marcada con --->.
2. Sitúe o cursor no u de lubrs.
3. Escriba ce e corrixa a palabra (neste caso, escriba 'iña').
4. Prema <ESC> e mova o cursor ao seguinte erro a cambiar.
5. Repita os pasos 3 e 4 ata que a primeira frase sexa igual á segunda.
---> Esta lubrs ten unhas poucas pskavtad que corrixir co comando change.
---> Esta liña ten unhas poucas palabras que corrixir co comando cambiar.
Teña en conta que ce elimina a palabra e entra no modo Inserir.
cc fai o mesmo para toda a liña.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.3.4: MÁIS CAMBIOS USANDO c
** O operador cambio utilízase cos mesmos movementos que borrar. **
1. O operador cambio funciona do mesmo xeito que borrar. O formato é:
c [número] movemento
2. Os movementos son tamén os mesmos, como w (palabra) ou
$ (fin da liña).
3. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->.
4. Mova o cursor ao primeiro erro.
5. Prema c$ e escriba o resto da liña para que sexa como a segunda,
e prema <ESC>.
---> O final desta liña necesita algunha axuda para que sexa como a segunda.
---> O final desta liña necesita ser corrixido usando o comando c$.
NOTA: Pode utiliza-lo retorno de carro para corrixir erros mentres escribe.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.3
1. Para volver a pór ou pega-lo texto que acaba de borrarse,
escriba p . Isto pega o texto despois do cursor (se borrou unha
liña, ao pegala, esta situaráse na liña baixo do cursor).
2. Para troca-lo carácter baixo do cursor, prema r e logo o
carácter que quere que estea no seu lugar.
3. O operador cambio permítelle cambiar dende a posición do cursor
ata onde leve o movemento indicado. Por exemplo, prema ce
para cambiar dende o cursor ata o final da palabra, ou c$
para cambiar ata o final da liña.
4. O formato para cambio é:
c [número] movemento
Pase agora á lección seguinte.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.4.1: UBICACIÓN DO CURSOR E ESTADO DO ARQUIVO
** Prema CTRL-G para mostra-la súa situación no ficheiro e mailo estado.
Prema G para moverse a unha determinada liña do fichero. **
NOTA: Lea esta lección enteira antes de executar calquera dos pasos!!
1. Manteña premida a tecla Ctrl e prema g . Chamamos a isto CTRL-G.
Aparecerá unha mensaxe na parte inferior da páxina co nome do arquivo
e a posición do cursor no arquivo.
Lembre o número de liña para o paso 3.
NOTA: Seica poida ve-la posición do cursor no recanto inferior da dereita
da pantalla. Isto acontece cando a opción 'ruler' (regra) está
habilitada (consulte :help 'ruler' )
2. Prema G para move-lo cursor ata a parte inferior do arquivo.
Prema gg para move-lo cursor ao inicio do arquivo.
3. Escriba o número da liña na que estaba e despois G . Isto
tornaráo á liña na que estaba cuando pulsou CTRL-G.
4. Se se atopa con seguridade para poder facer isto,
execute os pasos 1 a 3.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.4.2: O COMANDO «SEARCH» (BUSCAR)
** Escriba / seguido dun texto para busca-lo texto. **
1. En modo Normal, prema o carácter / . Fíxese que tanto o carácter /
como o cursor aparecen na derradeira liña da pantalla, o mesmo que
o comando : .
2. Escriba agora errroor <INTRO>. Esta é a palabra que quere buscar.
3. Para repeti-la busca do mesmo texto outra vez, simplemente prema n .
Para busca-lo mesmo texto na dirección oposta, prema N .
4. Se quere buscar un texto na dirección oposta (cara a enriba),
utilice o comando ? en troques de / .
5. Para regresar ao lugar de onde procedía, prema CTRL-O (manteña pulsado
Ctrl mentres pulsa a tecla o). Repita o proceso para voltar máis atrás.
CTRL-I vai cara a adiante.
---> "errroor" non é o xeito correcto de escribir erro; errroor é un erro.
NOTA: Cando a busca chega ao final do arquivo, continuará dende o comezo,
agás que a opción 'wrapscan' estea desactivada.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.4.3: BUSCA PARA COMPROBAR PARÉNTESES
** Prema % para atopa-la paréntese correspondente a ),] ou } . **
1. Sitúe o cursor en cualquera dos carácteres (, [ o { na liña inferior
sinalada con --->.
2. Prema agora o carácter % .
3. O cursor moveráse á parella de peche da paréntese, corchete
ou chave correspondente.
4. Prema % para move-lo cursor ata a outra parella do carácter.
5. Mova o cursor a outra (,),[,],{ o } e vexa o que fai % .
---> Isto ( é unha liña de proba con (, [, ], {, e } nela. ))
NOTA: Isto é moi útil na detección de erros nun programa con parénteses,
corchetes ou chaves sen parella.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.4.4: O COMANDO SUBSTITUÍR
** Escriba :s/vello/novo/g para substituír 'vello' por 'novo'. **
1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
2. Escriba :s/aas/as/ <INTRO> . Teña en conta que este comando cambia
só o primeiro achado -na liña- da expresión que quere cambiar.
3. Agora escriba :s/aas/a/g . Ao engadir a opción g , o Vim fará
a substitución global na liña, cambiando tódo-los achados
do termo "aas" na liña.
---> Coido que aas mellores épocas para aas frores son aas primaveras.
4. Para cambiar cada achado da cadea de carácteres entre dúas liñas:
Escriba :#,#s/vello/novo/g onde #,# son os números de liña do rango
de liñas onde se realizará a substitución.
Escriba :%s/vello/novo/g para cambiar cada achado en todo o arquivo.
Escriba :%s/vello/novo/gc para atopar cada achado en todo o arquivo,
pedindo confirmación para face-la
substitución ou non.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.4
1. CTRL-G mostra a posición do cursor no ficheiro e mailo seu estado.
G move o cursor ao final do arquivo.
número G move o cursor a ese número de liña.
gg move o cursor á primeira liña do arquivo.
2. Escribindo / seguido dun texto busca o texto cara a ADIANTE.
Escribindo ? seguido dun texto busca o texto cara a ATRÁS.
Despois dunha busca, prema n para atopar o achado.
3. Premendo % cando o cursor está sobre (,), [,], { o } localiza
a parella correspondente.
4. Para cambiar vello por novo no primeiro achado dunha liña escriba
:s/vello/novo
Para cambiar tódo-los vello por novo nunha liña escriba
:s/vello/novo/g
Para cambiar texto entre dous números de liña escriba
:#,#s/vello/novo/g
Para cambiar vello por novo en todo o fichero escriba
:%s/vello/novo/g
Para pedir confirmación en cada caso engada 'c'
:%s/vello/novo/gc
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.5.1: CÓMO EXECUTAR UN COMANDO EXTERNO
** Escriba :! seguido dun comando externo para executar ese comando. **
1. Escriba o conocido comando : para situar o cursor ao final da
pantalla. Isto permitirálle introducir un comando.
2. Agora escriba o carácter ! (signo de admiración). Isto permitirálle
executar calquer mandato do sistema.
3. Como exemplo escriba ls despois do ! e logo prema <INTRO>. Isto
mostrarálle unha lista do seu directorio, igual que se estiviese no
símbolo do sistema. Se ls non funciona, utilice :!dir .
NOTA: Deste xeito é posible executar cualquer comando externo,
tamén incluíndo argumentos.
NOTA: Tódolos comandos : deben finalizarse premendo <INTRO>.
De agora en diante, non sempre se mencionará.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.5.2: MÁIS SOBRE GARDAR FICHEIROS
** Para garda-los cambios feitos nun ficheiro,
escriba :w NOME_DE_FICHEIRO **
1. Escriba :!dir ou :!ls para ver unha lista dos arquivos
do seu directorio.
Xa sabe que debe pulsar <INTRO> despois.
2. Elixa un nome de ficheiro que todavía non exista, como TEST.
3. Agora escriba :w TEST (onde TEST é o nome de ficheiro elixido).
4. Esta acción garda todo o ficheiro (Vim Tutor) baixo o nome TEST.
Para comprobalo, escriba :!dir ou :!ls de novo e vexa
o seu directorio.
NOTA: Se saíra do Vim e volvera a entrar de novo con vim TEST , o
arquivo sería unha copia exacta do tutorial cuando o guardou.
5. Agora, elimine o arquivo escribindo (Windows): :!del TEST
ou (Unix): :!rm TEST
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.5.3: SELECCIONAR TEXTO PARA GARDAR
** Para gardar parte do arquivo, escriba v movemento :w arquivo **
1. Mova o cursor a esta liña.
2. Prema v e mova o cursor ata o quinto elemento inferior. Vexa que
o texto é salientado.
3. Prema o carácter : Na parte inferior da pantalla aparecerá
:'<,'>
4. Prema w TEST , onde TEST é un nome de arquivo que aínda non existe.
Verifique que ve :'<,'>w TEST antes de premer <INTRO>.
5. Vim escribirá as liñas seleccionadas no arquivo TEST. Utilice
:!dir o :!ls para velo. Non o elimine todavía! Utilizarémolo
na seguinte lección.
NOTA: Ao pulsar v iniciá a selección visual. Pode move-lo cursor para
face-la selección máis grande ou pequena. Despois, pode utilizar un
operador para facer algo co texto. Por exemplo, d eliminará
o texto seleccionado.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.5.4: RECUPERANDO E MESTURANDO FICHEIROS
** Para inseri-lo contido dun ficheiro escriba :r NOME_DO_FICHEIRO **
1. Sitúe o cursor xusto por riba desta liña.
NOTA: Despois de executar o paso 2 verá o texto da lección 1.5.3. Despois
DESCENDA ata ver de novo esta lección.
2. Agora recupere o arquivo TEST utilizando o comando :r TEST , onde
TEST é o nome que ven de utilizar.
O arquivo que recuperou colocaráse embaixo da liña onde se atope
o cursor.
3. Para verificar que se recuperou o arquivo, suba o cursor e
comprobe que agora hai dúas copias da lección 1.5.3, a orixinal e
maila versión do arquivo.
NOTA: Tamén pode le-la saída dun comando externo. Por exemplo,
:r !ls le a saída do comando ls e pégao baixo da liña
onde se atopa o cursor.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.5
1. :!comando executa un comando externo.
Alguns exemplos útiles son:
(Windows) (Unix)
:!dir :!ls - mostra o contido dun directorio.
:!del arquivo :!rm arquivo - borra o ficheiro arquivo.
2. :w arquivo escribe o arquivo actual no disco co nome de arquivo.
3. v movemento :w arquivo guarda as liñas seleccionadas visualmente
no arquivo arquivo.
4. :r arquivo recupera do disco o arquivo arquivo e pégao embaixo
da posición do cursor.
5. :r !dir le a saída do comando dir e pégao embaixo da
posición do cursor.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.6.1: O COMANDO «OPEN» (ABRIR)
** Prema o para abrir unha liña embaixo do cursor
e situarse no modo inserir **
1. Mova o cursor á liña inferior sinalada con --->.
2. Prema a letra minúscula o para abrir unha liña por EMBAIXO do cursor
e situarse en modo Inserir.
3. Agora, escriba algún texto, e despois prema <ESC> para saír do modo
Inserir.
---> Despois de pulsar o , o cursor sitúase na liña aberta en modo Inserir.
4. Para abrir unha liña por RIBA do cursor, simplemente prema un O
MAIÚSCULO, en troques dun o minúsculo. Probe isto na liña seguinte.
---> Abra unha liña sobre esta, pulsando O cuando o cursor estea nesta liña.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.6.2: O COMANDO «APPEND» (ENGADIR)
** Prema a para inserir texto despois do cursor. **
1. Mova o cursor ao inicio da primeira liña inferior sinalada con --->.
2. Escriba e ata que o cursor estea ao final de li .
3. Escriba un a (minúsculo) para engadir texto despois do cursor.
4. Complete a palabra coma na liña inferior. Prema <ESC> para saír
do modo Inserir.
5. Utilice e para moverse ata a seguinte palabra incompleta e
repita os pasos 3 e 4.
---> Esta li permit practi cómo enga texto a unha
---> Esta liña permitirálle practicar cómo engadir texto a unha liña.
NOTA: a, i e A entran no modo Inserir; a única diferencia é
onde se colocan os carácteres inseridos.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.6.3: OUTRA VERSIÓN DE «REPLACE» (SUBSTITUÍR)
** Prema un R MAIÚSCULO para substituír máis dun carácter. **
1. Mova o cursor á primeira liña inferior sinalada con --->.
Mova o cursor ao inicio da primeira xxx .
2. Agora prema R e escriba o número que aparece na liña inferior.
Isto substituirá o texto xxx .
3. Prema <ESC> para abandoa-lo modo Substituír.
Observe que o resto da liña fica sen modificacions.
4. Repita os pasos para substituí-lo texto xxx que queda.
---> Sumar 123 a xxx da un resultado de xxx.
---> Sumar 123 a 456 da un resultado de 579.
NOTA: O modo Substituír é como o modo Inserir, pero cada carácter escrito
elimina un carácter xa existente.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.6.4: COPIAR E PEGAR TEXTO
** Utilice o operador e para copiar texto e p para pegalo. **
1. Mova o cursor á liña inferior marcada con ---> e posicione o
cursor despois de "a)".
2. Inicie o modo Visual con v
e mova o cursor xusto antes de "primeiro".
3. Prema e para copiar yank») o texto salientado.
4. Mova o cursor ao final da seguinte liña mediante: j$
5. Prema p para pór (pegar) o texto. Despois escriba: o segundo <ESC>.
6. Utilice o modo visual para seleccionar " elemento.", e cópieo con y.
Mova o cursor ao final da seguinte liña con j$ e pegue o texto
xusto acabado de copiar con p .
---> a) este é o primeiro elemento.
b)
NOTA: Tamén pode utilizar e como un operador: yw copia unha palabra,
yy copia a liña completa onde está o cursor; despois p pegará
esa liña.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.6.5: ACTIVAR SET») UNHA OPCIÓN
** Active unha opción para buscar ou substituír ignorando
se o texto está en MAIÚSCULAS ou minúsculas **
1. Busque a cadea de texto 'ignorar' escribindo: /ignorar <INTRO>
Repita a busca varias veces pulsando n .
2. Active a opción 'ic' ("Ignore case" ou ignorar maiúsculas e minúsculas)
mediante: :set ic
3. Agora, busque de novo 'ignorar' pulsando n .
Observe que agora tamén se acha Ignorar e IGNORAR.
4. Active as opcions 'hlsearch' e 'incsearch' escribindo: :set hls is
5. Agora escriba de novo o comando de busca
e vexa qué acontece: /ignore <INTRO>
6. Para inhabilitar ou ignorar a distinción entre MAIÚSCULAS e minúsculas
escriba: :set noic
NOTA: Para elimina-lo salientado das coincidencias escriba: :nohlsearch
NOTA: Se quere ignora-las MAIÚSCULAS e minúsculas, só para un comando
de busca, utilice \c na frase: /ignorar\c <INTRO>
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.6
1. Escriba o para abrir unha liña por BAIXO da posición do cursor e
entrar en modo Inserir.
Escriba O para abrir unha liña por RIBA da posición do cursor e
entrar en modo Inserir
2. Escriba a para inserir texto despois do cursor.
Escriba A para inserir texto ao final da liña.
3. O comando e move o cursor ao final dunha palabra.
4. O operador e copia yank») texto; p pégao (pon).
5. Ao escribir un R MAIÚSCULO, entra no modo Substituír ata que
se preme <ESC> .
6. Ao escribir :set xxx , actívase a opción 'xxx'.
Algunas opcións son:
'ic' 'ignorecase' ignorar maiúsculas/minúsculas ao buscar
'is' 'incsearch' amosa-las coincidencias parciais para
a busca dunha frase
'hls' 'hlsearch' salienta tódalas coincidencias da frases
Pode utilizar tanto os nomes longos coma os curtos das opcions.
7. Engada "no" para inhabilitar unha opción: :set noic
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 7: OBTER AXUDA
** Utilice o sistema de axuda en liña **
O Vim dispón dun sistema de axuda en liña. Para comezar, probe unha
destas tres formas:
- prema a tecla <AXUDA> (se dispón dela)
- prema a tecla <F1> (se dispón dela)
- escriba :help <INTRO>
Lea o texto na xanela de axuda para descubrir cómo funciona a axuda.
Escriba CTRL-W CTRL-W para chimpar dunha xanela a outra.
Escriba :q <INTRO> para pechar a xanela de axuda.
Pode atopar axuda en case calquer tema engadindo un argumento ao
comando :help . Probe estes (non esqueza premer <INTRO>):
:help w
:help c_CTRL-D
:help insert-index
:help user-manua
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.7.2: CREAR UN SCRIPT DE INICIO
** Habilitar funcionalidades no Vim **
O Vim ten moitas máis funcionalidades que o Vi, pero algunhas están
inhabilitadas de xeito predeterminado.
Para empezar a utilizar máis funcionalidades debería crear un arquivo
chamado "vimrc".
1. Comece a edita-lo arquivo "vimrc". Isto depende do seu sistema:
:e ~/.vimrc para Unix
:e ~/_vimrc para Windows
2. Agora lea o contenido do arquivo "vimrc" de exemplo:
:r $VIMRUNTIME/vimrc_example.vim
3. Garde o arquivo mediante:
:w
A próxima vez que inicie o Vim, este usará o salientado de sintaxe.
Pode engadir tódolos seus axustes preferidos a este arquivo "vimrc".
Para máis información escriba :help vimrc-intro
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
LECCIÓN 1.7.3: COMPLETADO
** Completado da liña de comandos con CTRL-D ou <TAB> . **
1. Asegúrese de que o Vim non está no modo compatible: :set nocp
2. Vexa qué arquivos existen no directorio con: :!ls ou :!dir
3. Escriba o inicio dun comando: :e
4. Prema CTRL-D e o Vim mostrará a lista de comandos que empezan con "e".
5. Engada d<TAB> e o Vim completará o nome do comando a ":edit".
6. Agora engada un espacio e o inicio do nome dun arquivo: :edit FIL
7. Prema <TAB>. Vim completará o nome (se só hai un).
NOTA: O completado funciona con moitos comandos. Só prema CTRL-D ou
<TAB>. É especialmente útil para :help .
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
RESUMO DA LECCIÓN 1.7
1. Escriba :help ou prema <F1> ou <HELP> para abri-la xanela de axuda.
2. Escriba :help cmd para atopar axuda sobre cmd .
3. Escriba CTRL-W CTRL-W para chimpar a outra xanela.
4. Escriba :q para pecha-la xanela de axuda.
5. Cree un ficheiro vimrc de inicio para garda-los sus axustes preferidos.
6. Cuando escriba un comando : prema CTRL-D para ver posibles opcións.
Prema <TAB> para utilizar unha das opcións de completado.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
Aquí conclúe o tutor do Vim. Está pensado para dar unha visión breve do
editor Vim, suficiente para permitirlle usa-lo editor de forma bastante
sinxela. Está moi lonxe de estar completo pois o Vim ten moitísimos máis
comandos. Lea o seguinte manual de usuario: ":help user-manual".
Para lecturas e estudos posteriores, recoméndase o libro:
Vim - Vi Improved - de Steve Oualline
Editado por: New Riders
o primeiro libro adicado completamente ao Vim. Especialmente útil para
principiantes. Ten moitos exemplos e imaxes.
Vexa https://iccf-holland.org/click5.html
Este tutorial foi escrito por Michael C. Pierce e Robert K. Ware,
Colorado School of Mines utilizando ideas subministradas por Charles Smith,
Colorado State University.
E-mail: bware@mines.colorado.edu.
Modificado para Vim por Bram Moolenaar.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~
Traducido do inglés ao galego por Fernando Vilariño.
Correo electrónico: fernando@cvc.uab.es.
~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~